Os concellos da contorna de Pontevedra apuran a programación de Nadal
PONTEVEDRA CIUDAD
Moitos concellos da contorna apuran as derradeiras horas do ano e as primeiras do 2024 para organizar actividades.
Pontevedra
31 de decembro • 16.30 a 19 horas • Merca no Barrio chega esta tarde a Monte Porreiro con manualidades para facer unha variña dos desexos e debuxos de Nadal.
Sanxenxo
31 de decembro • 17 horas • Praia de Silgar • O areal acollerá o Chapuzón por unha ilusión da Fundación Aladina, organización sen ánimo de lucro de axuda a nenos enfermos de cancro, co que se busca recadar fondos para a investigación do cancro infantil.
Sanxenxo
31 de decembro • 20 horas • Praza do Mar • Espectáculo piromusical de once minutos que conxugara luces e cores que debuxarán formas e figuras diferentes ao ritmo de temas musicais.
Poio
31 de decembro • 12.30 horas • Igrexa de San Bernardo • O Ateneo Corredoira de Combarro organiza un Belén vivinte.
Poio
31 de decembro • 17.30 horas • Campelo • Pasarrúas coa batukada Os Vikingos na contorna da Aldea da Capela, mentres que Nelson Quinteiro amenizará este espazo a partires das 18.30 horas coa Aldea Musical do Nadal.
Cuntis
1 de xaneiro • 1 hora da madrugada • Carpa na Praza da Constitución • A Escudería Cuntis Vila Termal organiza unha festa baile de Fin de Ano.
Campo Lameiro
1 de xaneiro • 12 horas • Pavillón municipal • Celebración da misa de Primeiro de Ano con reparto de chocolate con rosca ao seu remate.