O máis eficaz contra o covid

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

SANXENXO

CAPOTILLO

19 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras moitas dúbidas, indecisións e medidas contraditorias o Goberno central e as comunidades chegaron á conclusión de que os chineses teñen razón e que as medidas eficaces para frear a pandemia son: as máscaras, a hixiene, a distancia social e o confinamento dos contaxiados. E parece que eles o lograron. Diranme que non son moi cribles, pero o repunte da súa economía demostra que teñen controlado o virus.

En Galicia temos outro exemplo: o concello de Sanxenxo, a meca do turismo galego, o lugar onde houbo máis pernoitas este verán, é o menos contaminado. O seu alcalde di que por crear unha cultura «de protección e seguridade»: praias cuadriculadas, limpeza en baños públicos cada hora e media, e todo o mundo con máscara. Ou sexa o mesmo que din as autoridades chinesas. Como conseguiu o alcalde galego que esas medidas funcionasen alí e non noutros lugares? As multas! En Sanxenxo, en xullo e agosto puxéronse 372 multas por non levar máscaras. E cando un veciño dicíalle a alguén: «Coidado, que che van a multar», o tipo non lle respondía que se metese nos seus asuntos, nin o insultaba. E tomaba nota. É posible que co recadado poidan pagar ás persoas encargadas de facer cumprir as normas. Como o conseguiron en China? Non se sabe, pero seguro que todos o imaxinan. E tamén por que no resto de España non funcionaron. Non basta dar normas, hai que poñer os medios para que se cumpran.