Telmo Martín, candidato do PP en Sanxenxo: «Defendo impostos baixos, mellorar os servizos e ter as infraestruturas necesarias»

Marcos Gago Otero
Marcos Gago SANXENXO / LA VOZ

SANXENXO

Telmo Martín reproducindo a súa imaxe de campaña, co lema «Nada é imposible»
Telmo Martín reproducindo a súa imaxe de campaña, co lema «Nada é imposible» CAPOTILLO

O actual alcalde da capital turística das Rías Baixas sinala a importancia de humanizar máis as vilas e atender as necesidades do rural

24 may 2023 . Actualizado a las 14:52 h.

Telmo Martín gañou todas as eleccións municipais ás que se presentou en Sanxenxo e en todas esas convocatorias menos unha o fixo con maioría absoluta. No 2019 conseguíu revalidar ese fito electoral que quere volver a refrendar o 28 de maio.

-Por que presentarse á reelección en Sanxenxo?

-Porque teño moitas gañas, moita ilusión e porque creo que o proxecto que empezamos no ano 2017 non se pode parar nestes momentos.

-Cales foron os criterios para facer a lista?

-Buscar persoas que queiran dedicarse á vida pública e cumplan unha serie de requisitos, nos que o máis importante é que saben que terán que traballar as 24 horas os 365 días do ano, e se teñen esa vontade poden ir comigo na lista. 

-Cambiou bastante a candidatura con respecto ao 2019

-Houbo persoas que non quixeron seguir na primeira liña da política. Algúns quixeron seguir na lista e outros non. Na lista están persoas como Nati Parada, que xa foi comigo na candidatura do anterior mandato no posto once e agora vai polo catro porque Dani Arosa non quixo seguir e o seu posto ocúpano unha veciña de Noalla tamén.

-Cales son as principais liñas programáticas para os próximos catro anos?

-As mesmas que empecei a aplicar cando empezamos a gobernar sós no 2019 que son tres: ter os impostos o máis baixo posibles, e fixémolo; mellorar todos os servizos municipais, sobre todo baseados nas persoas maiores, porque cada vez son máis; e terceiro, ter as infraestruturas que ten Sanxenxo para manter o seu liderazgo.

-Un dos problemas que máis preocupa á sociedade é emprego. Que se pode facer dende o Concello para fomentar o emprego?

-Considero que hai que xerar oportunidades e poñer os medios necesarios. Por exemplo, en Sanxenxo vivimos do turismo pero a apertura do polígono de Nantes no 2018 está dando os seus froitos. Sanxenxo non quere ser unha cidade de segundas residencias. Nós temos 16.0000 vivendas, das que están ocupadas cinco mil e once mil son segundas residencias. Estamos vendo que si tes bos colexios e xardíns e unha programación cultural importante e comunicacións, a xente quere vivir máis aquí. Cremos que o que estamos facendo con Sanxenxo fai que a xente queira vir vivir aquí. Queremos chegar aos 20.000 veciños e a única forma para que os mozos queiran vir vivir aquí é que se atopen a gosto e creo que o estamos conseguindo. Tamén baixamos do 10 % no paro, e agora mesmo estamos no 8 %, e a nosa intención é chegar ao paro cero que está entre os 4 ou 5 %.

-Como conseguir desestabilizar o turismo e haxa traballo todo o ano?

-So co turismo vai ser moi difícil de conseguir, pero é certo que cada ano ten 52 fins de semana e o Concello ten que ter unha boa programación todos esos fins de semana. Queremos que non se dupliquen as actividades nos fins de semana e potenciar iso desde o Concello para facer unha actividade forte en cada un e dacordo co CETS, con Entretendas e as asociación culturais e deportivas e veciñais.

-Que propon para ter un turismo de calidade e que non se masifique?

-Propoño o que xa están facendo moitos hoteleiros de modernizar a súa rede hoteleira e os seus restaurantes. O que hai que facer para crecer, pero con control, é iso. Nós non temos que crecer máis en xullo ou agosto, o que queremos é expandir as visitas ao resto do ano. Vemos que maio setembro ou outubro cada vez teñen máis visitas. Queremos potenciar o turismo todo o ano, ademáis, fomentar o Nadal, que pode converterse na segunda tempada e se seguimos neste camiño, non agora pero en dez anos, posiblemente o Nadal sexa a segunda temporada alta de visitas. Nesas datas os nenos están de vacacións e se temos unha boa programación pode vir moita da xente de fóra que ten aquí as súas casas.

-O Concello pode favorecer que haxa bolsa de aluguer?

-Si. Nestes momentos estamos traballando no proxecto do PEI-17 que se lle comprou ao Arzebispado e que saen unhas 40 vivendas. Queremos que sexan para mozos. Temos a dúbida de se facelas en propiedade ou en aluguer porque o Concello ten moito solo para poder facer vivendas para xente moza. Firmamos un convenio coa Sareb. Así en Xunca Branca, en Vilalonga, imos ter máis de 300 vivendas que vai facer a Sareb e que van ir enfocadas moitas delas a aluguer para xente xoven. E iso témolo pensado para Noalla, Sanxenxo e Portonovo. O Concello ten dereito ao 10 % dos desarrollos urbanísticos e esas vivendas si que as queremos para iso. Nós non cremos nun edificio de cen vivendas para aluguer, prefiero que estean dispersas por todo o concello porque o que queremos é que Sanxenxo sexa unha cidade única onde viva sen diferencias ningún veciño.

-A transformación das fachadas marítimas de Sanxenxo e Portonovo, son obras reais ou proxectos faraónicos?

-Como non van ser obras reais? O de proxectos faraónicos xa nolo dixeron no cando compramos o porto deportivo. Por certo a reforma do porto de Sanxenxo xa está en marcha e a primeira fase en obras e que paga integramente Nauta sen costarlle un céntimo aos veciños. A segunda parte que é na praza do Mar e foi resultado dun concurso de ideas e para ter un lugar onde facer eventos, que o están reclamando os hostaleiros. No inverno é moi difícil e non é o mesmo facelo nun edificio desa envergadura que facelo nunha carpa. Nós xa intentamos nos primeiros Nadales facer unha carpa, pero vemos que á xente algunhas cousas si funcionan pero para outras non. No porto vaise facer a modernización definitiva e por moitos anos e sen costarlle un euro aos veciños porque nos acaban de dar vinte anos máis de concesión e iso vai dar ingresos importantes tanto o párking, como os usuarios da lámina de auga como os comercios.

-E para Portonovo?

-Vai ser unha operación duns quince millóns de euros dos que eu calculo que dez millóns van ser de entidades privadas e cinco pola Xunta, pero será ao largo de tres ou catro anos porque primeiro hai que desarrollar a zona pesqueira. Os dez millóns ten que ser vía unha concesión como se fixo en Sanxenxo con Nauta.

-Como hai que reorganizar o tráfico, en caso de que sexa necesario, e o aparcamento?

-Nós temos agora unha cousa importante que a xente pode olvidar, pero en Sanxenxo e en Portonovo fixemos aparcamentos disuasorios e dou as grazas aos propietarios deses terreos que nos deixan mentres non se edifican esas parcelas para aparcamentos. Eu son partidario de humanizar cada vez máis as vilas de Portonovo e de Sanxenxo e o coche ten que ir en segundo lugar para que os peóns poidan ir por onde lle gustan as persoas. A nós preocupános que as persoas que teñan que vir poidan ter onde aparcar e facer unha xestión sen problemas de aparcar. As obras como as da estrada da Lanzada agora estorban, pero son necesarias e vai quedar moi ben cun bulevar. Quen se acorda agora dos coches enchendo o paseo de Silgar e pitando en horas punta que non se daba entrado nin saído. Nós facemos unha cidade aberta, e non pechada como noutros sitios. Refírome a que chegar a Sanxenxo é fácil.

-Que lle di a aqueles que afirman que o Concello so se ocupa de Silgar e do centro de Sanxenxo?

-Ninguén pode dicir iso. Imos facer a Escola de Turismo e Hostalería no antiguo colexio de O Cruceiro. Fíxose o novo colexio de Vilalonga e toda a urbanización do Revel e a praza pública de Vilalonga. En Noalla fixemos coa Deputación de Pontevedra a reforma do pazo de Quintáns, e a segunda fase vai quedar impresionante. En Nantes construimos o pavillón e o saneamento. Podemos falar da estrada de Contumil, en Dorrón estase co campo de fútbol, a senda de Dorrón e co Arcebispado imos firmar o convenio para o campo de festas, imos dotar de saneamento e auga a todas as vivendas do concello. Facemos en todas as parroquias e podería dicir moitas cousas máis.