A PIE DE CALLE «Teño visto a clientes 12 horas no ordenador, incluso sen comer»

María López García
María López SANTIAGO

SANTIAGO

EMPLEADO DO CÍBER BYTES

11 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?ada vez máis composteláns teñen acceso a Internet dende as súas casas pero, a pesar diso, os poucos cíbers que quedan na cidade seguen a ter unha grande afluencia de clientes. Manolo Otero, que traballa oito horas diarias nun cíber, coñece de primeira man os problemas que desencadea a Rede. -Si, sen dúbida algunha. É máis, pode chegar a ter consecuencias irreparables. Penso que é unha adicción coma outra calquera, pero sempre dependendo de cómo se utilice. É fácil engancharse a Internet no sentido de que é accesible e relativamente barato (1,70 euros a hora). -¿Cales son os servizos da Rede máis demandados? ¿E os máis adictivos? -Hai de todo. Hai xente que utiliza a Internet como ferramenta de traballo e logo hai quen o utiliza como unha forma de ocio e, en ocasións, como única alternativa de ocio. O que máis engancha son, por unha parte, os chats, usados por xente que non se interrelaciona socialmente e encontra na rede unha fiestra para abrirse aos demais. Tamén están os xogos on-line , están en auxe e incluso se apostan cartos. -¿Cantas horas, como máximo, viu a un cliente diante dun ordenador? -Déronse casos de 10 e 12 horas seguidas, incluso sen comer. Algúns deles comen lambetadas da máquina ou cousas polo estilo.