Casi medio século da historia de Galicia recolleu con tesón e mestría a cámara do xornalista gráfico compostelán Manolo Blanco, hoxe xubilado, tras desempeñar a súa labor en case tódolos xornais galegos. Esa historia pódese ver sintetizada nunha exposición nas instalacións de VigoFoto (rúa Santiago de Chile, 4-6). Na mostra, de máis de 90 fotos, a maioría en branco e negro, pódense ver os personaxes que fixeron historia como Franco pescando no Ulla, Fidel Castro na súa visita a Galicia, Alfonso Armada, Beiras; intelectuais, artistas, as romarías e festas, e catástrofes como o afundimento do Casón ou as inundacións de Padrón.
-¿De todas estas fotos, hai algunha que lle impactara especialmente?
-Hai dúas ou tres de cando foi o afundimento do Casón espectaculares, que foron portada. Tamén cando derribaron o edificio Castromil, a maior aberración do mundo.
-¿En algún momento pasou medo facendo o seu traballo?
-Cando o afundimento do Casón, en Fisterra. Todo o pobo abandonou as casas porque pensaban que os bidóns eran contaminantes e eu ía con certo temor. Pero onde o pasei mal foi no 1977 nas inundacións de Padrón, cando deu volta a Zodiac, foto de primeira páxina.
-¿Qué consello daría aos xornalistas gráficos que empezan?
-Eu diría, sobre todo, que vaian con humildade, pois agora publicanlles catro fotos e xa se cren deuses.