Inician la experiencia de un servicio pionero que aborda, además, la violencia sexual
08 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.La Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) y la Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar) promueven un servizo de atención afectivo sexual y detección de delitos contra la identidad sexual de personas con discapacidad, conocido también como Dedaleira. Lo atienden Cristina Santos, trabajadora social, socióloga y agente de igualdad; y Hadriana Ordóñez, psicóloga, sexóloga y entrenadora personal. En los tres primeros meses de funcionamiento, explica Cristina, «tivemos quince intervencións e estamos á espera de asumir máis. O tipo de consultas que nos fan teñen que ver con como namorar, disfuncións sexuais, diferentes posturas en función da discapacidade, casos de violencia sexual vividos no pasado, problemas que se dan nos centros, como que haxa unha masturbación nun espazo inadecuado, como afrontar o feito de coincidir cunha parella nun centro social ou laboral, e outras situacións».
Asumen este servicio «como un traballo en equipo, as dúas temos enorme ilusión profesional e persoal. É un traballo pioneiro, pois investigamos para coñecer experiencias que servisen de modelo e non deparamos con ningunha, nin pública nin privada; as máis parecidas están enfocadas a menores ou a persoas con discapacidade intelectual. Tanto Hadriana como eu mesma temos experiencia previa de traballo con persoas con discapacidade. As dúas comprobamos que hai moitas persoas que viviron situacións de abuso ou de violencia sexual, que non denunciaron, e que era interesante axudar para dar respostas satisfactorias ás súas preocupacións, dúbidas e inquietudes. E que tamén era necesario asesorar; e traballar a sexualidade como unha área máis; e en persoas sen límite de idade», agrega Cistina Santos.
La Obra Social La Caixa subvenciona este servicio hasta septiembre; pero «a idea é procurar máis financiamento, para continuar, pois vemos que hai interese. Algunhas consultas que nos fan teñen fácil resposta; outras requiren entrevistas, intervencións que levan tempo, e un seguimento posterior; mesmo nos temos que desprazar, ou facilitar que veñan a Santiago, e esixen dedicación», manifiesta.
Cristina y Hadriana trabajan sobre la sexualidad, dicen, «desde a liberdade, a positividade e a naturalidade». «A sexualidade da persoa require tanta importancia como o respirar, como a saúde física ou a saúde psicolóxica. É unha función máis da persoa e pensamos que é moi necesario traballar coas persoas con discapacidade e axudar para que se superen prexuízos, ideas e crenzas asociadas á discapacidade e ao xénero; pois moitos deses prexuízos son irracionais», subraya.
La novedad de esta iniciativa causó impacto en el colectivo de personas con discapacidad de la comunidad. Se difundió a través de las entidades de Cogami y de las redes sociales, «e mesmo notamos interese de servizos sociais de concellos, e outros específicos que nos derivan persoas; e de diversas entidades que teñen experiencia coa discapacidade intelectual e a violencia sexual. Iso favorece un traballo máis completo», dice Cristina.
Este servicio permitirá, asimismo, conocer mejor una realidad sobre la que hay muchas incógnitas. Cristina alude a una gran encuesta realizada en el año 2015, que detectó que «un 35 % das mulleres con discapacidade viviron situacións de violencia física ou sexual na súa vida. É unha violencia que non sempre está ligada á parella coa que conviven, ou a persoas coas que manteñan asociado un vínculo afectivo: tamén se contempla en familiares, en persoas acolledoras, ou noutras que traballan en centros. A figura agresora pode ser calquera; mesmo persoas que elas propias teñan vivido situacións de violencia», resuelve Santos.
Tras el primer trimestre, valora que «o volume de traballo que temos recibido polo de agora é moi grande; estamos a confirmar como era necesario ofrecer un servizo como este».
Servicio. Cristina Santos, trabajadora social, y la psicóloga Hadriana Ordóñez atienden el servicio de atención psicológica y detección de delitos sexuales de Cogami.
Ámbito. Lo ofrecen para personas con discapacidad de toda Galicia, de ambos sexos y de todas las edades.