A premiada cineasta Ainhoa Rodríguez acudirá á MICE en Santiago

La Voz

SANTIAGO

23 feb 2023 . Actualizado a las 04:55 h.

A nova edición da Mostra de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego contará coa participación da cineasta Ainhoa Rodríguez, que recibiu varios premios por «Destello bravío». A directora, ademais de proxectar a súa ópera prima, será a coordinadora da sección «Impropias», que reúne cinema etnográfico realizado por mulleres, e impartirá un seminario.

Por outra banda, a MICE, que se celebra do 15 ao 21 de marzo, terá como festival convidado o MDOC-Festival Internacional de Documentário de Melgaço (Portugal), que comisaría a sección «Lindes». Ademais, volverá o Cineclube de Compostela, á fronte do apartado «Trazas».