Os libros «Historias de emigrantes» e «Galegos no golfo de México» incorpóranse á biblioteca sobre o autor da editorial Galaxia
03 nov 2023 . Actualizado a las 04:55 h.A Xunta de Galicia e a editorial Galaxia celebran o 95 aniversario do nacemento do escritor Xosé Neira Vilas coa reedición de dous clásicos do autor: «Historias de emigrantes» e «Galegos no golfo de México». Estes volumes, presentados onte, formarán parte da colección Biblioteca Neira Vilas de Galaxia, que xa conta cunha quincena de títulos do autor de «Memorias dun neno labrego».