
Participarán Luisa Pita e representantes das galerías Metro e Dupla
29 ene 2025 . Actualizado a las 04:55 h.17 horas • Consello da Cultura Galega • O ciclo «Arte en tempo real» do Consello da Cultura chega ao seu ecuador analizando hoxe a situación das galerías de arte no contexto actual. A sesión está coordinada por Luisa Pita, que tamén fará un percorrido por estas entidades. Participarán, ademais, os responsables das galerías compostelás Metro e Dupla, así co a directora da galería Llamazares de Xixón.