
A Biblioteca de Galicia inaugura hoxe unha exposición sobre o artista
30 ene 2025 . Actualizado a las 04:55 h.Galicia celebra hoxe o Día da Ilustración con Xosé Vizoso como figura protagonista. Trátase da primeira vez que se lle dedica a xornada a un artista vivo e para enxalzar a súa figura as mostras cobran protagonismo. A Xunta inaugura na Biblioteca de Galicia «Xosé Vizoso: o neno que debuxou un cabalo», repasando o seu traballo ata o momento.
Brión tamén se suma ás actividades cunha mostra de carteis que ilustran a evolución deste artista plástico que reside na localidade. Ademais, agasalla aos visitantes cun marcador dedicado a Rosalía e deseñado por Vizoso.
Hoxe, na Biblioteca Ánxel Casal, ás 18 horas, haberá a actuación de Pakolas.