A Festa do Carneiro de Dodro celébrase o domingo en Fonte Primeiral

La Voz U. L. | PADRÓN

DODRO

24 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O Concello de Dodro celebra o vindeiro domingo a décima edición da Festa do Carneiro. Será na paraxe natural coñecida como Fonte Primeiral, ata onde se desprazará o grupo de gaitas do concello de A Baña para animar o ambiente dende as once e media da mañá. A recepción oficial das autoridades invitadas á festa gastronómica será as doce, antes da celebración da misa, oficiada polo reverendo Manuel Silva Magariños e cantada pola Coral da parroquia de San Xoán de Laíño. O pregón será a unha da tarde, este ano a cargo do senador do Partido Popular Víctor Manuel Vázquez Portomeñe. Acto seguido terá lugar a entrega de premios aos gañadores do concurso de carteis anunciadores da festa. Por último, antes da degustación en sí do carneiro, actuará a banda de gaitas O Pedrón de Padrón. Coma outros anos, haberá servicio gratuito de autobús dende os distintos lugares do Concello para permitir que se poidan achegar ata o campo da festa o maior número de persoas. Despois de dez anos de existencia, a Festa do Carneiro de Dodro está xa consolidada no calendario das citas gastronómicas que cada ano se celebran la comarca de Sar.