Presentaron unha nova edición do itinerario guiado e gratuíto, que está programado para o sábado 14 de setembro
01 ago 2024 . Actualizado a las 04:50 h.Os alcaldes de Ames, Blas García; Brión, Pablo Lago; Dodro, Xabier Castro; e Padrón, Anxo Arca, acaban de asinar un convenio para traballar conxuntamente na xestión, desenvolvemento e promoción turística da ruta «As pegadas de Rosalía», un itinerario que percorre lugares intimamente vencellados á vida e á obra da escritora do Sar. A firma tivo lugar na Casa de Rosalía na Matanza, no municipio padronés, onde os rexedores dos concellos cos que a escritora tivo especial relación acordaron ademais crear a comisión mixta que xestionará a agrupación supramunicipal e todas aquelas iniciativas e actividades que desenvolva para conservar e promocionar esta ruta rosaliana e o patrimonio material e inmaterial da súa contorna.
Os rexedores aproveitaron o acto, no que estivo o presidente da fundación rosaliana, Anxo Angueira, para presentar unha nova edición do itinerario guiado e gratuíto, que está programado para o sábado 14 de setembro. A ruta As Pegadas de Rosalía foi creada no ano 2017.