¿Por qué casi un tercio de los niños inscritos en Santiago llegaron a ser ilegítimos? Los secretos con los que el Arquivo de Galicia no deja de sorprender

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

VIVIR SANTIAGO

Cedida por el Arquivo de Galicia

La institución cautiva en Facebook con curiosidades como la de que en el siglo XIX el billar también era jugado por mujeres o que en 1875 un revolucionario maestro propuso una biblioteca pública para Compostela con sus fondos

04 may 2023 . Actualizado a las 11:31 h.

Sus publicaciones en Facebook conciernen a toda Galicia, pero el archivero Miguel López Sánchez admite que una elevada cantidad de las mismas se centran en Santiago, de donde procede gran parte de los fondos o donaciones que nutren el Arquivo de Galicia, la institución dependiente de la Consellería de Cultura -con sede en la Cidade da Cultura- donde trabaja. «O arquivo componse dunha parte máis administrativa, procedente de fondos da Xunta, pero tamén conservamos moitos documentos históricos que proveñen de institucións como o Hospital de Conxo ou a Real Sociedade Económica de Amigos do País, ambas de Santiago, ou de particulares, como a familia compostelá Vilariño Pintos ou Bengoechea de Ribadeo. Parecíanos que todos eses arquivos poderían ser de moito interese para o cidadán. Somos unha institución aberta ao público e queriamos compartilo. Por iso dende hai anos apostouse por publicar en Facebook curiosidades que a nós, ao atopalas, tamén nos chamaron moito a atención», explica con pasión este vigués instalado en la capital gallega desde su infancia.

Edificio que estaba junto al Hotel Compostela
Edificio que estaba junto al Hotel Compostela Cedida por el Arquivo de Galicia

«Dende o 2015, ano no que accedín ao Arquivo, intento manter unha certa periodicidade nas publicacións. Centreime en documentos propios. Creo que a linguaxe cotiá, ata bromeando cos lectores, e sobre todo, o sorprendente dalgunhas entradas, chamaron a atención. Temos a varios seguidores moi fieis», admite agradecido, repasando varias de las publicaciones locales que en estos últimos ocho años cautivaron a los usuarios.

Gasolinera de la Galuresa en el año 1960
Gasolinera de la Galuresa en el año 1960 Cedida por el Arquivo de Galicia

«Algo que ao comezo asombrou foron as fotos históricas que fomos publicando de distintas zonas de Galicia. No caso de Santiago chamámoslle Estampas Compostelás. Ter tantas da capital galega explícase porque na década de 1940, e xunto a Toledo, foi a primeira localidade en ser nomeada Cidade Monumental. Todo o que se construía no entorno da zona histórica tiña que pasar por unha comisión e a través das súas fotografías intentamos amosar como mudou a localidade nas décadas dos 60 aos 80. Lembro publicar imaxes, como da Praza de Vigo aínda en obras, ou do edificio que antes había a carón do Hotel Compostela, na rúa de Santo Antonio, que tiveron moitos comentarios. Tamén de cando se construíu a gasolineira da Galuresa. Gústanos que a xente participe, interactúe. Cando publicamos unha foto antiga dun toro de Osborne que había na cidade, os usuarios axudáronnos a ubicalo», rememora con satisfacción.

«Unha institución na que nos centramos moito, pola súa significación, importancia e porque aínda non se coñece moito, é o Hospital do Conxo», confirma Miguel López, repasando entradas como la que mostraba el diseño en el mismo de los jardines planificados por el mismo autor de la Alameda de Santiago o las imágenes del «pavoroso incendio» que sufrió el psiquiátrico en 1976, en el que murieron nueve pacientes. 

«Analizando os fondos do psiquiátrico atopamos historias clínicas ou vidas sorprendentes, como a dun pope -ou sacerdote- ruso, que escapou dos bolchequives e, tras recalar en Bélxica, fuxiu de novo pola chegada dos nazis. O seu fillo ingresou en Conxo e el rematou de monxe no mosteiro de Oseira», evoca aún sorprendido, compartiendo el documento que escribió al hospital.  

Cedida por el Arquivo de Galicia

«Durante a Guerra Civil, ingresou moita xente en Conxo. Os do país quedaban rexistrados co seu nome. Os pertencentes ás tropas mouras eran o mouro número 25, 26...», apunta el archivero, evocando publicaciones «estremecedoras», como la carta de un interno a su mujer donde se da cuenta de un intento de suicidio «para liberarte del mucho mal que te hice». En otra entrada se recoge el elevado número de renuncias de camareros encontradas o documentos con despidos por malos tratos a los enfermos. 

«O maior hit que tivemos foi cando no 2018 publicamos imaxes do xacemento romano-medieval da cidade, situado baixo a nave central da Catedral, a raíz das escavacións levadas a cabo por Manuel Chamoso Lamas no período 1946-1966. Nunca se compartira tanto unha das nosas publicacións», confirma animado el archivero.

«Ás veces hai cousas que pasan máis desapercibidas e, sen embargo, nós pensamos que ían impactar», concede divertido, aludiendo a una de las últimas publicaciones en Facebook del Arquivo de Galicia en la que recogen la innovadora idea que quiso llevar adelante un maestro de primaria en Santiago en el año 1875. «Fronte ás bibliotecas públicas do momento, constituídas como depósitos do patrimonio cultural con fins conservacionistas, el propuña unha biblioteca diferente, para as persoas que 'ansían distraerse e instruírse' e que, polo tanto, tiñan que abrirse en días e horas compatibles cos diversos traballos da xente. Mais o dito mestre foi un paso máis alá na súa proposta, pois ofreceu a súa colección de libros particular, valorada en 658 pesetas, e elabora un catálogo básico de obras necesarias. Por desgraza esta aventura libreira non prosperou», se aclara en una de las muchas publicaciones en las que las personas encargadas del Arquivo comparten su sentir.

«Outras publicacións, en cambio, logran rapidamente eco entre a xente. Iso pasounos onte, por exemplo, cando recuperamos un anuncio no que se amosaba que no século XIX, e nun momento no que o billar popularizarase entre a alta burguesía, un anuncio amosaba como as mulleres tamén o xogaban. Un usuario comentounos que en A Coruña unha guía da cidade de 1887 xa sinalaba 23 sitios onde botar unha partida e que, en 1907, na cidade herculina triunfou o coin, unha mestura de billar e bingo», subraya con satisfacción.

«O que máis impacta son datos sorprendentes ou que chocan hoxe en día, como no que lembrabamos o caso da detención en Santiago dun mozo que, tras apalabrar o seu matrimonio, non aparecía. A xente, ao do noivo á fuga, xa o le», reconoce sonriendo.

«Nos últimos tempos tamén quixemos poñer o foco na taxa de fillos ilexítimos que había en Galicia no século XIX. Sabiase que era a máis alta de España, pero a través dun cadro do rexistro civil de Santiago vimos que en 1872 case un terzo dos inscritos nel foran ilexítimos. Preguntamos á xente se crían que neses anos se fixo a distinción entre lexítimos e ilexítimos porque sucedera algo na cidade. Cremos que esa diferenciación desapareceu trala Primeira República. Unha historiadora comentou en Facebook que esa elevada cifra ‘era o resultado da emigración dos homes'», detalla el archivero, mencionando que, hasta el momento, es en esta red social donde se centran. 

«Temos Instagram, pero a gran periodicidade e a maior resposta aínda a temos en Facebook. Tamén é aí onde xogamos co lector. Cada venres prantexámoslles xogos a raíz de fotos, e a xente responde», remarca con satisfacción. «O mellor é que poidan mergullar na historia, admirar imaxes ou documentos que tamén nos conquistaron a nós», concluye.