La investigación de los icónicos rótulos de Santiago de una historiadora que cautiva al museo Reina Sofía
VIVIR SANTIAGO
Una vecina del casco histórico sorprende con el proyecto Compostela (etno)gráfica, con el que estudia y muestra la gráfica de la zona monumental y apela a su conservación
06 oct 2023 . Actualizado a las 10:47 h.Será este jueves cuando Aldara Cidrás, una viguesa de 29 años asentada en Santiago desde hace una década, presente en Madrid, en el Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, su proyecto Compostela (etno)gráfica, con el que investiga, cataloga y contextualiza los característicos rótulos de muchos establecimientos de la zona monumental compostelana.
«Hai un ano propúxome estudar e amosar este patrimonio gráfico histórico, que tamén poderíase verse ameazado ante a acelerada transformación económica e social que vive a zona vella compostelá, coa reflexión de fondo da xentrificación urbana, da homoxeneización dos barrios e da uniformación da forma de (des)habitalos», expone la historiadora gallega.
«Gustaríame poñelos en valor, que a xente os vese coma propios. Ás veces creo que pasan ata desapercibidos, que non nos damos conta de que están. A fin deste proxecto sería concienciar ás institucións da importancia da súa conservación, incentivar á recuperación desta rotulación tradicional entre o comercio local e animar á reflexión sobre a necesidade dun turismo máis sostible», continúa Aldara, apelando también a las emociones.
«Sempre reinvindico o papel afectivo como motor de investigación. Eu son veciña do casco histórico. Vivo preto da Praza de Abastos. Neste proxecto fálase do pasado da cidade, da súa microtoponimia urbana, do cartel desa cafetería onde estabas cando recibiches a nota dun exame ou dese ultramarinos onde acostumabas a facer a compra», enumera con entusiasmo. «Eu, para a imaxe do proxecto en Instagram, rede na que ata o de agora só amosei un resumo de imaxes de todos os rótulos estudados, decanteime polo do bar Orella, na rúa da Raíña, coa súa cachucha de porco tan recoñecible, por representar a un dos elementos máis emblemáticos da etnografía galega, como a gastronomía tradicional, e tamén polas horas que estiven alí», admite sonriendo.
«Hai outros rótulos, como o do bar Transi, na Praza de Mazarelos, que xa non están, ao pechar ese local, cambiar o establecemento de dono e creo que conservar os anteriores o cartel», aclara Aldara, afirmando que investigó, en el Arquivo Histórico Universitario de la USC y en el Arquivo Municipal más de medio millar de rótulos y que tiene inmortalizados varios centenares.
«A rotulación tradicional en Compostela caracterízase polo uso de ferro forxado como material principal e por estar anclada en perpendicular ás fachadas mediante palomillas ornamentadas. A principal normativa desenrolouse sobre a metade do século XX. Con súas particularidades propias, nivel de conservación e profusión na zona vella compostelá, estes elementos atopan, a nivel galego e case se podería dicir estatal, o seu máximo expoñente en Santiago. De aí o concepto de ‘patrimonio (etno)gráfico’ para destacar o valor destes dispositivos culturais máis alá do estético, como elementos identitarios», subraya Aldara, aclarando que para este proyecto contó con el apoyo de la Diputación de A Coruña y del Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.
«Presenteime a unha residencia de investigación do museo e, polo meu currículo e polo propio proxecto, interesoulles. En xuño xa lles amosei un avance, e creo que gustou, e mañá o presento de forma completa», añade la gallega, quien, tras graduarse en el 2016 en Historia en la USC y recibir, al curso siguiente, un Premio Extraordinario por el Máster Universitario en Historia Contemporánea, finalizó recientemente su tesis. «Depositeina, aínda teño que lela; céntrase noutra temática, na represión en Pontevedra durante a guerra civil e posguerra. Non ten que ver co proxecto dos rótulos, algo no que eu xa me fixara dende que cheguei a Santiago...», señala con ilusión, admitiendo que la reacción a nivel local también ha sido muy positiva. «Creo que o proxecto sorprende, sobre todo porque parte de algo que xa se coñece e no que ás veces non se repara», incide.
«Compostela (etno)gráfica nace coa vontade de manterse no tempo, tanto no eido da investigación como da divulgación. Agardo no futuro poder afondar na cuestión de autoría destas pezas de arte popular e imaxinar formas de difusión que esperten o interese da cidadanía neste legado esquecido que, en palabras do deseñador gráfico Enric Satué, actúa como un verdadeiro ‘’museo na rúa’’», afirma, apuntando que anima a todos los vecinos que lo deseen a colaborar con el proyecto a través de un email etnograficacompostela@gmail.com o de la cuenta en Instagram. «Encantaríame que os composteláns se puxesen en contacto comigo para falar dese rótulo que tamén lles cautivou o lembran», concluye.