El vídeo viral con el que unas simpáticas «burbujas Freixenet» se ganan a todo Santiago: «O seu eco chegou ata Murcia»
VIVIR SANTIAGO
Un grupo de amigos compostelanos se visten de dorado y celebran el Año desde la Alameda. «Dixéronnos que a gravación podía sumar 100.000 reproducións», afirman
06 ene 2024 . Actualizado a las 21:29 h.El vídeo se grabó en Santiago el pasado día 29 de diciembre, hace ya una semana, pero su repercusión no se frena durante estas Navidades. «É algo brutal. A un de nós chamoulles a súa tía de Murcia porque lle chegara á gravación; o eco é incrible», comenta riendo Manuel Moledo, uno de los compostelanos que protagoniza la felicitación más celebrada y compartida en la ciudad desde el cambio de Año.
«Eu levo unha empresa de eventos e comunicación, Aquelando, e hai dous anos, no Nadal do 2021, aínda con pandemia, ao grupo de amigos de Santiago ocurríusenos facer unha performance para entreternos e transmitir boas sensacións. Fumos ata a Alameda vestidos de burbullas Freixenet e fixemos un baile. O ano pasado intentámolo repetir para felicitar o cambio de ano, pero diluviara e fora imposible. Nesta ocasión, houbo bo tempo e puidemos. Para nós é un divertimento. Cremos que hai que botarlle humor á vida e a verdade é que pasámolo bomba. Non ensairamos nin nada. En cinco minutos preparamos o baile e lanzámonos», prosigue divertido el compostelano.

«Esta vez intentamos recuperar un anuncio clásico de Freixenet no que cada burbulla representaba a unha comunidade. Cada un de nós identificamonos cun barrio de Santiago, como Fontiñas ou Santa Marta. Creo que iso levou a confusión e moita xente preguntou se era unha iniciativa dos centros socioculturais, pero non. Somos só un grupo de amigos de Santiago», remarca con orgullo incidiendo en que sus edades van de «corenta anos en adiante».
Tras realizar el baile, que tuvo lugar a las 20.00 horas y que terminó con ellos mostrando unas bolsas de Gadis -«é para ver se o próximo ano convídanos a unhas botellas de Freixenet», bromea-, recuerda que se fueron vestidos de dorado a tomar algo. «A xente e os hosteleros da rúa do Franco e da Raíña sorprendíanse moito, e o celebraban», añade.

«Nós en ningún momento fixemos o vídeo coa idea de que se viralizase. De feito, cada un de nós só o publicou nas súas redes para felicitar o cambio de Ano e a partir de aí comezou todo. A repercusión foi algo demencial. Dixéronnos que a gravación podía sumar 100.000 reproducións», remarca asombrado. «O mellor foi o ben que o pasamos; iso é o importante», acentúa.