El equipo que ha llevado a que la ludoteca María Miramontes de Santiago sume 700 altas en menos de 3 años y sea el «sitio favorito» de muchos niños
VIVIR SANTIAGO
El Espazo Educativo e de Lecer de Fontiñas ha logrado ganarse el cariño de muchas familias a las que les permite conciliar, también en verano. «Notamos que hai xente que se busca a vida para poder traer aos nenos aquí, aínda non tendo comedor, porque os seus fillos queren vir aquí», agradece su responsable
31 jul 2024 . Actualizado a las 10:18 h.El próximo septiembre se cumplirán tres años desde que en la rúa Fontes do Sar de Santiago abría sus puertas el Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes, la ludoteca impulsada por el departamento de Educación del Concello de Santiago y que logró rápidamente revertir una larga espera —su puesta a punto se había demorado tres lustros—, haciéndose un hueco entre muchas familias, y no solo de Fontiñas, su barrio. «En períodos non lectivos, coma no verán, notamos que mesmo hai xente necesitada de conciliación que se busca a vida para poder traer aos nenos aquí, pese a non temos comedor, porque os seus fillos queren vir», agradece Alberto Escudero, el responsable de este centro dirigido a niños empadronados en Santiago o que asistan a un centro educativo en la ciudad.
Fue en el 2021 cuando se adjudicó la gestión de la ludoteca municipal, que funciona de forma gratuita todo el año, y con distintos horarios en meses lectivos y no lectivos, a la Escola de Tempo Libre Don Bosco, a la que Alberto ya estaba vinculado. «Hai tres anos pensouse en min para xestionar o centro, do que nese momento só se sabía o nome, María Miramontes, en lembranza da que fora modista, mestra e activista galega. En base á súa figura elaborei un proxecto educativo no que, desde o comezo, tívose claro o da aprendizaxe a través do xogo. Nós buscamos dinamizar o xogo e o xoguete. Nunha ludoteca non pode haber deberes, pero, de forma divertida, apréndese moito. O día 6 de abril sempre conmemoramos a figura de María Miramontes, con actividades como unha xincana. Como ela formaba parte das Irmandades da Fala, ideamos tamén as Irmandades do conto, para aprender a través dos contos», afirma. «Ao ter xunto ao seu marido, Ánxel Casal, quen fora alcalde de Santiago, unha editorial, tamén lanzamos un Ludoxornal, que mantemos hoxe e no que recollemos o que facemos cada mes no centro, e no que incluímos recomendacións, tamén de libros ou xogos», prosigue Alberto, natural de Murcia, comunicándose siempre en plural y en gallego. «Ao menos intento falalo», apunta sonriendo.
«Creo que algo fundamental no noso caso foi o bo equipo de monitores que xuntamos. Somos xente bastante nova, todos moi vocacionais, e que nos levamos moi ben, tamén fóra do centro. Todo o ano estamos cinco e despois, en períodos non lectivos, temos máis persoal. Neste 2024 xa rozamos as 700 altas de nenos. Non todos os inscritos veñen de continuo, pero, este ano, de todos eles, sobre 480 pasaron por aquí. Hai tres anos, no verán case calquera familia tiña asegurado espazo. Agora, ao ter máis demanda que as 73 prazas dispoñibles, temos que facer un sorteo. Neste verán intentamos que cada familia que o solicitara puidese ao menos gozar no centro dunha quincena», señala, aclarando que al mismo pueden ir menores de 2 a 12 años, siendo en periodos no lectivos la edad mínima, 3. «Algo que nos doe é ver que cando os nenos chegan aos 12 anos xa non poden seguir. Tivemos un pequeno con TEA e os pais sempre dicíanos que este era o seu sitio favorito. Cando tiñan que castigalo, dicíanlle que se ía ter que quedar sen vir á ludoteca... Agora mesmo está con nós Carlota, unha nena que tamén está piques de cumprir 13 e que xa nos traslada a súa pena. Ela, que é de Val do Dubra, dinos que lle gusta todo o de aquí», explica agradecido, mientras ella asiente.
El centro de Fontiñas también sorprende por las ilustraciones infantiles que lo embellecen y a las que, en vacaciones, se suma una decoración temática que este verano corrió a cargo de Xacobe Barreiro, el monitor de 27 años, y natural de Valga, que también lleva en el centro desde el arranque.
«Sempre tratamos de crear unha narrativa para o xogo. Iso tamén axúdanos aos monitores a estar activos, moi animados. Neste verán, e a raíz dunha idea que tomei dun videoxogo, ideei unha actividade que converte o centro, sobre todo a entrada, nun barco. Os pequenos convértense en nautas e teñen que ir superando probas que lles encomenda unha figura, Coventina, para ir salvando illas imaxinarias, que relacionamos con deidades e que nos serven tamén para explicar quen son; e a min para disfrazarme case a diario», explica un monitor que ha logrado, con dinamismo y desparpajo, ganarse el cariño de todos los niños. «Eu fóra de aquí son reservado, pero cos nenos transfórmome. Algo moi bo é que os pequenos están dispostos a calquera cousa. Fagas o que fagas, vistas como te vistas, eles non te xulgan, e se divirten. Calquera ''locura’’ que se me ocorra, aquí pódoa facer», señala.
«Creo que unha das claves deste centro é a de saber estar cerca dos rapaces, falarlles coma eles. Senten a ludoteca como un sitio de desconexión. Deixámoslles facer xogo libre, algo importante, e tamén programamos actividades ou xogos dinámicos, que lles encantan, como pode ser o que bautizamos como Pokemon, que é similar ao brilé, pero os que lanzan a pelota somos os monitores e os nenos escapan», comenta Adrián Lago, un monitor de Muros de 24 años, y que suma casi año y medio en el centro.
En el mismo sentido se pronuncia Mery Fernández, una monitora lucense de 26 años. «Creo que o importante é escoitar aos nenos, ter paciencia, deixarlles espazo, que eles elixan a que xogar, entender as súas preocupacións. Ao final do día é unha pasada ler o que te deixan escrito nun buzón que temos. Din que o pasan xenial, e iso é o importante», razona, sumándose a esta reflexión tanto Chus Teo como Alba Martínez, ambas de 27 años, y naturales de la localidad teense de Cacheiras y Ordes. «Nós acompañamos aos máis pequeniños, desde dous anos, cos que é importante ser cercano, acompañarlles no seu tempo de xogos simbólicos. Todos os nenos comezan na pranta baixa ata que, con 7 anos, van ás salas de arriba. E cada vez son máis os que suben as escaleiras», resaltan de forma simbólica, ahondando en la buena acogida del centro.
«Algo que axudou a atraer a máis xente foi tamén a nosa intención de que as familias compartan tempo de xogo e desfrute. De aí naceron os sábados temáticos, nos que programamos actividades que tiveron moito éxito, como a de Furor, na que pais e nenos cantan e bailan grandes éxitos. Por datas, o magosto ou o desfile de Entroido, que acaba nunha festa en Área Central, na que os monitores rematan bailando no escenario, e os nenos seguíndolles, están entre as actividades máis numerosas», retoma Alberto, haciendo hincapié en el anhelo del centro por introducirse cada vez más en Fontiñas. «En xuño fixemos unha merenda con xogos nun parque cercano, para axudar a construír barrio. Tamén colaboramos coa oenegé Movemento pola paz. Por medio deles estiveron na ludoteca varios nenos ucraínos», pone en valor. «Tanto a asociación Down Compostela como distintos CEIPS ou institutos da cidade participaron tamén, no período lectivo, nas ''Mañás dos venres", destinadas a que centros educativos de calquera etapa e vencellados á educación ou animación, veñan a coñecer o noso día a día», prosigue.
«Algo que nos emocionou foi unha idea que partiu este curso dunha nai do centro, que é profesora de arte no instituto Xelmírez. Na súa clase, e xunto cos alumnos, bosquexou unha réplica do Guernica a cor, en tamaño de 1,5x3 metros. Nós pintámola no centro, nunha das actividades de fin de semana, e agora témola colgada nel. Iso serviunos para falar da pintura, e do que supón unha guerra. Todo iso mentres todos pasábamolo moi ben», refrenda de nuevo.