Álex Regueiro, el modisto de Teo más televisivo: «O meu marido faleceu hai catro anos e fun ao programa de Jorge Javier para cumprir un dos seus desexos»
VIVIR SANTIAGO

En las últimas dos semanas apareció en tres programas distintos: «El Cazador», «Cos pés na terra» e «El diario de Jorge». El teense reconoce que sus allegados ya le dicen que no paran de verlo en la tele, pero él, divertido, aclara que «foi coincidencia»
12 mar 2025 . Actualizado a las 11:41 h.Asombrado por la repercusión que, más de una semana después, aún sigue teniendo su intervención televisiva en El diario de Jorge, el programa vespertino que conduce Jorge Javier. «Chéganme moitos comentarios de xente que di que se sentiu identificada ou representada pola miña historia. Jorge Javier tamén lamentou, ao sorprenderlle o caso, por emotivo e bonito, non poderlle reservar máis espazo no programa», comenta el popular modisto de Teo Álex Regueiro, quien, además de su participación en Telecinco, sumó en las últimas jornadas otras dos apariciones televisivas. «Pero iso foi concidiencia», explica riendo.
«Polos tempos da emisión programouse unha entrega de El Cazador, o concurso de TVE no que saín eu nun programa, e, este luns, outra de Cos pés na terra, da TVG. Neste último caso aparecín nunha sección sobre xente que aposta por vivir no rural. Do meu caso, sorprendeu que, sendo modisto e identificándo normalmente a xente o meu oficio cun medio urbano, eu non dubidase en seguir na miña aldea de San Domingo, coas galiñas; pero así son feliz, conservando un modelo de vida e de negocio. Creo que fago cousas que chaman a atención pola súa pureza, cercanía, e de aí pode vir tamén o reclamo televisivo» detalla, reconociendo divertido que muchos allegados en los últimos días le comentaron que no paran de verlo en la tele. «O certo é que o medio televisivo gústame, pero no caso de ao programa de Telecinco fun principalmente por unha razón: para render unha homenaxe a Alfredo, o meu marido, falecido hai catro anos, e para cumprir un dos seus desexos», revive con emoción.
Álex Regueiro fue, el pasado lunes 3 de marzo, uno de los invitados de El diario de Jorge, el programa de Telecinco en el que se comparten historias sorprendentes o llamativas, narradas en primera persona bien por gente anónima, sus protagonistas o quienes les conocen. El modisto de Teo fue al plató, como reconoció, para realizar una de las muchas cosas pendientes que le quedó por hacer a su marido, el fotógrafo y guionista Alfredo Iglesias, fallecido en el 2021, a la edad de 52 años. «Levabamos catorce anos xuntos. Para min foi un golpe tremendo; non sei nin como describilo… Trala súa morte revisei o seu teléfono para intentar poñerme en contacto cos amigos cos que el tiña máis trato, aínda que eu non coñecese tanto; tamén, nalgún caso, para darlles un recordo del. Alfredo era unha persoa de perfil baixo, de amizades non moi numerosas, pero si moi fieis. Unha das súas persoas máis achegadas era Belén, unha maquilladora de A Coruña coa que Alfredo coincidira nun traballo en Santiago. Eu sei que a quería con locura. Tamén sabía que escribira unha dedicatoria moi sentida nun libro que el escribira, Mediterreanea: la isla prohibida, e que quería darllo, pero faleceu», señala el modisto.
«Aínda que eu a Belén non a coñecía moito -virámonos poucas veces; unha, na praza da Quintana- e tamén a pesar de que a min cústame desprenderme das cousas manuscritas del, das que teñen a súa letra, hai pouco atopei o libro nunha caixa e souben que chegara o momento de darllo a Belén, algo que ademais eu lle prometera. Aínda que moita xente pode pensar que resultaría máis doado quedar en Galicia e entregarllo, eu teño o hándicap de vivir na aldea e non ter coche, pero sobre todo, escribín ao programa de Jorge Javier porque quería facer a entrega dunha forma especial, recordando tamén a nosa historia, que moita xente, sempre puxo en valor. Os que nos coñecían dicían que eramos como unha parella única, que conservabamos a chispa do primeira cita. Quería honrar, dalgunha forma, a memoria de Alfredo nese plató», subraya Álex Regueiro, recordando que Belén, tras la pandemia, fue cuando se enteró de que una enfermedad se había llevado rápidamente al marido del modisto.
«Outra cousa que me moveu a ir á televisión foi insistir á xente de que coiden moito ás persoas que teñen ao lado; hai que aproveitar o tempo ao máximo. Eu, cando a xente me pregunta como estou, xa digo: ''Agora estou, e teño que estar''... No meu caso a soidade non foi buscada. Nós estabamos sempre xuntos», enfatiza el modisto. «Hoxe teño que vivir. Só se ten unha vida, pero nunca deixarei de seguir coa súa memoria, poñendo tamén en valor o que Alfredo fixo a nivel profesional. En Galicia foi un pioneiro na arte dixital; innovou coa fotografía erótica», añade, aclarando que, tras la entrega del libro, tanto él como Belén se fundieron en un abrazo en el plató y se prometieron mantener un trato cercano.

«A verdade é que dende que fun a ese espazo de Telecinco toda a xente reaccionou moi ben nas redes. Moitos escribíronme porque se viron interpelados na nosa historia», refrenda, bromeando con que hubo hasta quien le preguntó si tenía una relación con el presentador. «Iso non sei de onde saíu, pero é mentira», descarta riendo y aludiendo a las otras intervenciones televisivas que le llevaron en las dos últimas semanas al prime time.
«A El Cazador, o programa presentado polo galego Rodrigo Vázquez, quixen ir para demostrarme que sei máis do que penso que sei. No concurso pasoume que, aínda que ante algunha pregunta parece que non das arrancado, de repente comezas a contestar seguido. Cos anos, e eu xa teño 47, vaste quedando pouco a pouco con datos. Por exemplo, eu, que vexo moito cine, tamén en Santiago, souben unha reposta grazas a unha película que vira no Festival Amal», prosigue.
«Coincidiu tamén que este pasado luns emitiuse un programa de Cos pés na terra, no que se me presentou como unha inspiración do máis natural, por vivir no medio rural... e eu feliz. Eu son un rapaz da aldea, non vivo nunha grande cidade, pero, aínda así, consigo que se fixen en min. A miña historia gusta, o meu compromiso polo país gusta, e o afecto que lle teño ao meu concello, o de Teo», refrenda, aclarando al preguntarle por el término que define su profesión que él, en vez de modisto, opta por modista. «En alusión a facer moda, non ao xénero», subraya.
¿Y habrá más apariciones televisivas? «Quen sabe... O certo é que tras saír no programa de Jorge Javier interese houbo», desliza sonriendo y sin desvelar más.