Raul Santamaría: «É certo que nos gustaría outro final, pero o importante é quedarse cos momentos bos»

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

SOCIEDAD

Raúl Santamaría, concursante de televisión y concejal en Vilagarcía
Raúl Santamaría, concursante de televisión y concejal en Vilagarcía MONICA IRAGO

«Estamos moi agradecidos a toda esa xente que nos estivo apoiando día atrás día», afirma o concursante dos Mozos de Arousa tras a eliminación en «Reacción en cadena»

26 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Horas antes da emisión do programada, Raúl Santamaría, un dos Mozos de Arousa, apuntaba que foi «o último programa. Despois de ano é medio, é o último», insistía deixando claro que «despois de 402 programas, ter un día malo, creo que lle pode pasar a calquera e tocounos», sinalou ao termino do acto que celebrou a Deputación de Pontevedra por mor do 25N e no que participou. De feito, recibiu os parabéns do presidente Luis López e do vicepresidente provincial Rafa Domínguez que descoñecían o feito de que este luns os Mozos de Arousa despedíanse de Reacción en cadena.

Destacou o feito de que, antes da emisión deste programa, se emitise un especial no que saíu «como éramos de pequenos, moitos familiares, amigos, falando de nós» e do que se mostrou convencido foi «un programa moi emotivo» para poñer «punto de final a esta etapa no concurso».

Raúl Santamaría mostrouse «moi agradecido». «A toda esa xente que nos estivo apoiando e nos estivo vendo día tras día, do cal estamos moi orgullosos. Para nós foi unha etapa moi bonita, diferente e que hoxe [polo luns] chega ao seu punto final».

Santamaría tivo tempo de apuntar como lles cambiou a vida tras o seu paso polo concurso: «Pois do anonimato e que pasees pola rúa e sexas un máis a que che paren, que che pidan fotos... A vivir acontecementos moi importantes, ter invitacións á cousas que antes non tiñamos. É claro, na conta corrente, un colchón moi importante, sobre todo para mozos como nós que temos unha idade na que temos moitas cousas por diante e que te dá unha alternativa a facer moitas cousas».

Tamén aludiu á polémica suscitada pola exclusión de Mozos de Arousa das badaladas de Fin de Ano. E o fixo lembrando que no seu día «saíu esa noticia de que Mediaset contaba con nós para dar as badaladas. Recibimos a noticia poucos días despois de ter ese acordo verbal oficial de que íamos a dala. E logo recibimos que non ía poder ser», sinalou recoñecendo que «para nós é unha mágoa porque era unha forma de pechar este ano, esta etapa con toda esa xente nun día tan familiar. Para nós é triste, pero moi contentos de todo o vivido en este tempo», apuntou.

Tivo tamén palabras para a equipa que procedente de Granada os destronou de Reacción en cadena: «Cando chegamos conseguimos botar a unhas de Granada e estes chegaron dicindo que querían a reconquista. E gañáronnos (...) e a ver canto continúan».

En todo caso, deixou claro o que pensa tras un ano e medio: «Quedámonos con todos eses momentos bos, co cariño da xente, cos comentarios que estamos a recibir agora que se soubo que rematamos no programa. É certo que nos gustaría outro final, pero, bueno, o importante é quedarnos cos momentos bos».