Medio Rural lanza axudas para plans de explotación conxunta de equipos agropecuarios en réxime asociativo
AYUDAS
Racionalizar o uso de instrumentos de producción e incrementar a rendabilidade das granxas son os obxectivos dunhas subvencións que poden chegar ata o 60 % dos custes
20 may 2019 . Actualizado a las 13:11 h.Racionalizar o uso dos factores de producción. Incrementar a rendibilidade económica das explotacións agrogandeiras galegas e a mellorar as condicións do traballo. Eses son algúns dos aspectos que busca favorecer a nova liña de axudas da Conselleria do Medio Rural para apoiar o desenvolvemento de proxectos de explotación conxunta de instalacións e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo. O presuposto que adicará este ano ese departamento da Xunta para lograr ese obxectivo é de cinco millóns de euros.
Deste xeito, entre os proxectos que se promoverán, segundo avanzou Medio Rural, están aqueles que teñan un marcado carácter innovador ou que introduzan as novas tecnoloxías no campo. A idea, engaden, é procurar tamén o fomento e incorporación de novos procesos ou a obtención de novos produtos que contribúan a diversificar a actividade principal das entidades ou a introducir actuacións de apoio complementarias ao traballo dos socios.
O importe da axuda será do 40% dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 60 % en función da aplicación de diferentes criterios, relacionados con operacións en agricultura ecolóxica, fusión de cooperativas, investimentos en zonas con limitacións naturais ou vinculadas á innovación. Establécese ademáis un investimento mínimo subvencionable de 100.000 euros.
O prazo de solicitude destas axudas será de un mes dende a súa publicación no DOG.