Patrocinado porPatrocinado por

Pablo Pombo: un grande!

Torcuato Teixeira OBITUARIO

SOMOS MAR

Pablo Pombo (derecha), con el presidente de la Federación Nacional de Cofradías, Basilio Otero (izquierda), y el represente del arrastre en Ribeira, Nacho Vázquez
Pablo Pombo (derecha), con el presidente de la Federación Nacional de Cofradías, Basilio Otero (izquierda), y el represente del arrastre en Ribeira, Nacho Vázquez

25 ene 2022 . Actualizado a las 13:52 h.

Artigo moi difícil de escribir, si, váiseme un grande, un gran armador de pesca, un gran loitador e, sobre todo, unha gran persoa para quen o tratamos un pouquiño de preto. Home pasional, emotivo, e moi botado para diante, pero sempre con ese chisquiño de cordura que che mostraba sempre moitas claves para defender o seu sector, o arrastre, do que sempre presumiu e nunca entendeu que fora obxecto un día si e outra tamén de labazadas duns e doutros.

Sabía que a súa empresa era unha gran fonte de riqueza para o porto da Coruña e para moitas familias que dependían dela, e exercía esa responsabilidade con moita enteireza, o seu non era a diplomacia, pero facía falta alguén como el para, coa súa retranca e verbo directo, facernos decatar de moitas cousas, ou como dicía el «ver o que nos xogamos'».

Non sigo, porque isto só é unha lembranza dun compañeiro de pelexas, dun deses teimudos pescadores, imprescindibles para sortear tanto temporal e galerna que soporta este sector, e en concreto os armadores de arrastre, que perden un gran referente.

Quédanos moitas lembranzas de Pablo, pero sobre todo quédanos ese espírito indomable que o caracterizaba que sempre o terei como referencia. Ata sempre Pablo.