Celeiro lembra aos náufragos e a galerna do 61 cunha misa e música de Sons de Celeiro
VIVEIRO / LA VOZ
SOMOS MAR
Oficiarase unha misa na Praza do Náufrago en lembranza de todas as vítimas
12 jul 2022 . Actualizado a las 21:32 h.Hoxe, martes dia 12, ás 20.30 celebraráse en Celeiro a misa anual por tódolos falecidos no mar, lembrando a data do acontecimento da galerna do ano 1961 na que se afundiron 3 embarcacións do porto de Celeiro, o Badiola, o Todos los Santos e o Mari Loly Grela, e o Santa Lucía con base en Espasante, cun balance de trinta victimas mortais, dos cales vintenove desapareceron no Cantábrico. Dende o ano 1995 a comisión pro-monumento ao náufrago organiza este acto. A celebración eucarística estará presidida polo párroco Juan Novo Gabeiras e cantarán os membros de Sons de Celeiro.