Patrocinado porPatrocinado por

O Parlamento esixe o arranxo dos oceanográficos e reclama o seu traspaso a Galicia

Somos Mar REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS MAR

M.MORALEJO

A proposta do Bloque obtivo os votos do PPdeG e as abstencións dos deputados do PSdeG

17 may 2023 . Actualizado a las 04:46 h.

O centro que o Instituto Español de Oceanografía (IEO) ten en Vigo cae a cachos. Por erros de construción, pola exposición ao salitre... Vaise para abaixo. «Os traballadores usan cascos porque caen cascotes e as campás extractoras non funcionan», alertou a nacionalista Carme González ao introducir a proposición non de lei que onte volveu debaterse na Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia. Nela, o BNG alertaba do deterioro do edificio situado en cabo Estai, criticaba que estas instalacións quedaran fóra do plan de melloras deseñado polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía e reclamaba do Goberno «as inversións necesarias» para paliar unha falta de mantemento que acumula xa anos. E, por suposto, como xa se reclamou en catro ocasións, instar á Xunta a que pida o traspaso dos centros do IEO e asuma a xestión económica e administrativa».

O BNG contou co respaldo do PPdeG, que denunciou a «nefasta xestión» do Goberno dun instituto que segue nunha situación económica «desastrosa» malia a súa integración no CSIC e coincidiu cos nacionalistas nos reproches de que se compensase a Galicia cunha Mesa da Ciencia Pesqueira, que pouco máis son «que unhas charlas», en lugar dunha sede do IEO.

Non logrou, con todo, o apoio do PSdeG, que discrepou coa banalización desa Mesa da Ciencia Pesqueira e repasou as inversións dese ministerio en Galicia.