Patrocinado porPatrocinado por

Antonio Ares, supervivinte focense da tráxica galerna de 1961: «A xente quere que fale do que vivín na galerna pero son malos recordos»

y. garcia FOZ/LA VOZ

SOMOS MAR

XAIME F. RAMALLAL

O mariñeiro e patrón xubilado abrirá as festas do Carme en Foz este xoves, ás 20.30 horas, na igrexa parroquial coa lectura do pregón

13 jul 2023 . Actualizado a las 12:51 h.

Antonio Ares foi chó, mariñeiro e patrón na súa etapa profesional no mar. Este xoves suma ser pregoeiro do Carme, gran responsabilidade para el que sobreviviu con 17 anos a un galerna, a do 61 que foi marcaría para sempre a moita xente do mar da contorna. Un fenómeno costeiro que nunca viran, con «malos recordos» que di revivir a diario ainda e dos que Ares preferiría non ter que falar, «ainda que a xente quere que fale diso». «De momento estou ben _di polo pregón_ pero hai cousas que se as toco emociónome... Non sei que pasará».

—Chegou a escribir un libro.

—Si, da galerna falei moitas veces e escribín un pequeno libro.

—Lembrar aquel episodio do 61 é como non dar pechado a ferida.

—Si, e como se lle estiveras metendo o dedo... O día da galerna foi o día 12 de xullo de 1961, pero xa o 11 entrara algo de mal tempo. O 12 a mediodía empezou a entrar cada vez máis forte e ese día apretounos moito moito. Eu traballaba de chó, que era como nos chamaban aos que ibamos ao mar antes de ir á mili. Eramos os rapaces máis novos no barco, que faciamos traballos de recadeiros, ter a punto todo, estar preto do patrón para o que mandara, ir avisando polas casas para ir ao mar porque daquela non había teléfonos en todas, arranchar... Era igual que o traballo dun mariñeiro pero a unha persoa maior igual non se atrevían os patróns a mandarlle facer un recado, facíase máis fácil mandar a un cativo. Daquela, cando saías do colexio, ou seguías estudando ou había que ir traballar con 14 anos.

Antonio Ares Otero, primogénito de la saga marinera de los Quintanero
Antonio Ares Otero, primogénito de la saga marinera de los Quintanero ARCHIVO FAMILIAR ANTONIO ARES

—Se se pode preguntar algo así, que ensinou a galerna do 61?

—Realmente ensinounos moito aos futuros patróns, a rescatar no mar e saber aguantar o barco. Hai un dito: «El buen tiempo no hace buen marinero». É verdade. Os paus ensinan á xente á andar, a vida ensínache o que é bo e o que é malo. Eu aprendino de vez na galerna, sobre todo a respetar o mar, ainda que sabía moitas cousas de antes de meus pais e tíos. Creo que as consecuencias non houberan sido hoxe as mesmas porque hai os partes meteorolóxicos todos os días e velo por satélite. Daquela, nos tiñamos que fixar no barómetro.

«Aprendín de vez na galerna, sobre todo a respetar o mar»

—Tivo que ser e foi impactante.

—O gracioso é que o mar estaba en calma cando avisaron, en francés ou inglés, de que ía vir mal tempo, de que viña unha galerna forte. Doutras veces tamén avisaban que viña, parabas e pasaba, pero esta veu moito a matar... Non sei como aguantaron os barcos aqueles, todos de madeira, aquilo. Nunca vira algo así ninguén, nin meu pai, nin ningún patrón, en pleno verán porque é algo co que nesa estación non se conta. Suelen vir ás veces pero igual en 30 ou 40 anos non volve unha así. Despois, sendo patrón, colléronme varios temporais, pero ningún coma aquel.

—Agora de xubilado, segue tendo de referencia o mar cada día.

—Vou nunha lanchiña pequena pescar aos calamares. Chámase Trebello. Regalouma meu padriño Moncho do Quintanero, que era irmán de meu pai e ao que lle quería como se fose meu irmán.

Barco Quintanero, en 1959
Barco Quintanero, en 1959 ARCHIVO FAMILIAR ANTONIO ARES

—Cantos barcos tivo a familia?

—O Quintanero, Nuevo Quintanero, Ares Otero, outro Quintanero (no que andiven con meu tío e foi o da galerna) e Perla del Masma que xa fixemos meu pai e máis eu. Os de madeira aguantaban máis no mar que os de ferro. Daquela, nos anos 60, había cinco asteleiros de carpinteria de ribeira en Foz. Diso non quedou nada, está todo desaparecido aquí. Nin botes fan.

—E... como vai a pesca en modo afeccionado?

—O peixe vai moito a menos, tanto no que eu andiven (bonito, espada, tarrafa, sardiña) coma o resto. Cando andaba ao bonito, en Foz había oito ou nove barcos, cando fora o da galerna. Agora quedarán dous grandes, pero andan á anchoa e preto.

—O futuro do sector, como o ve?

—Non o vexo ben. Moi mal, non sei se é a contaminación ou que é... Lembro de traer mexilóns ou chícaros cando na ría de Foz había de todo. Agora non hai nada. Ou cando colliamos cuquiñas na praia do Vicedo e na de Covas en Viveiro. Co peixe pasa o mesmo.

—É devoto da Virxe do Carme?

—Cando é o Carme, vou á novena todos os días e tanto no coche como na lancha (tamén no barco) levo estampa e escapularios. En Foz había unha procesión que, cando eu era neno, saía por mar e por terra. Era moi bonita, iamos cantando as cancións do mar pero agora hai moitísima xente e ainda que vaias cantando non te oen. Antes cantaban moito os mariñeiros polos bares e nos barcos.

Quintanero, apodo familiar y sinónimo de una gran saga dedicada al mar

El de la imagen es el barco Quintanero de 1959, que destacó en la pesquería mariñana a principios de la década de los 60. El nombre es el del apodo familiar, que procede de su padre Antonio Ares Otero y dos tíos, Eliseo y Ramón. Antonio Ares Méndez hijo tuvo dos hijos, niño y niña, en cuyo nacimiento no pudo estar presente. El varón acabaría siendo capitán de Marina Mercante. En 2006, presentó un libro sobre el trágico episodio de la galerna que se cobraría la vida de 82 marineros en el Cantábrico en 1961.