O Festival Sinsal despide o 2006 coa presenza de Joan as Police Woman, Isan e Apse

VIGO

19 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

? derradeira entrega do Festival Sinsal 2006 inclue as actuación de Isan e Apse, o vindeiro 24 de outubro no Marco, e Joan as Police Woman, no auditorio do Centro Cultural, que ten a súa entrada pola rúa Marqués de Valladares, o 31 de outubro. Joan as Police Woman é a musa de Antony and the johnsons e Rufus Wainwright, unha muller próxima a etiqueta do soul branco de última xeración. Ademáis da súa propia traxectoria persoal, Joan ten colaborado con músicos importantes, coma Nick Cave, Sheryl Crow ou Lou Reed. A súa carreira mudou totalmente cando Antony convidouna a formar parte de The Johnsons. A partir deste momento, naceu o proxecto particular denominado Joan as Police Woman co que virá a Vigo. Pola súa banda, Isan é un dos nomes de luxo da electrónica contemporánea. O dúo chega dende o Reino Unido avalado por dez anos de electrónica de regusto pop, espida de artificios innecesarios. No concerto que darán no Marco, ofrecerán o seu último traballo, Plans drawn in pencil, editado neste ano por Morr Music. Os norteamericanos Apse teñen menos experiencia que o dúo británico, pero o seu disco os ten catapultados á escea mundial coa etiqueta de sucesores de Mercury Rev. Julio Gómez, o coordinador do Sinsal, explicou onte que as directrices que moven o festival abarcan un amplio concepto musical e unha labor pedagóxica de públicos. «Nós non temos interese por consumir nomes, nós queremos educar e con poucos cartos pódese facer boas cousas», dixo Julio Gómez. 48.000 euros O festival ten un orzamento de 48.000 euros anuais, é reciben 10.000 euros do Concello de Vigo. «A nosa relación co Concello é excelente porque estámoslle a mostrar que cun desembolso racional pódense facer cousas interesantes», engadíu. O Festival Sinsal desenvólve ao longo do ano en catro entregas estacionais, sempre divididas nun gran concerto e nunha oferta máis especializada. Este ano comezou a programación cos arxentinos Orquesta Típica Fernández Fierro e o pianista Auschka.