Reportaxe | Exposición Olga Osorio gaña o primeiro concurso de creación fotográfica do Real Clube Náutico cun traballo no que mistura a imaxe realista e o tratamento con «photoshop»
23 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.?nha conselleira, un naseiro, unha deportista de elite ou un militar poden ter moitas cousas en común, pero no traballo Reflexións , da luguesa Olga Osorio, o fío que os une e o vencellamento de cada un deles co mar. E é que o mar está aí e pódese explicar dende ópticas moi distintas. Con esta idea, Olga Osorio gañou hai uns meses o primeiro Concurso de Creación Fotográfica do Real Club Náutico de Vigo. Non se trataba dun concurso normal de fotografías. Eiquí valoraban o concepto, e a idea de Olga Osorio é boa. «Eu quería reflexionar sobre o mar e vencellalo á memoria, ademais o mar reflicte luz, por iso inventei o espello-fiestra», di Olga Osorio. Refírese a que as súas fotografías son unha combinación de realidade e de simbolismo, pasado pola criba do photoshop, esa ferramenta informática que revolucionou o deseño gráfico. Coñecidos e anónimos Todos os fotografados sosteñen un marco de madeira no que se establece a súa relación co mundo do mar. Xunto a rostros anónimos, Olga Osorio incluíu á conselleira de Pesca, Carmen Gallego; Franco Cobas, o presidente do Náutico que aparece con Casimiro Durán o socio más antigo do clube vigués; Teresa Portela, campiona do mundo de piragüismo; ou Santiago Pemán, o home do tempo da Galega. Despois de percorrer Galicia durante seis meses, Olga Osorio poderá mañá ver expostas as trinta fotografías resultantes no Centro Social Caixanova. O concurso enmárcase nos actos conmemorativos do centenario do Náutico, pero é posible que teña continuidade en anos vindeiros. A entidade viguesa, que é a propietaria das fotografías, estudará a posibilidade de poder expor a colección en outros lugares.