
Profesionales de distintas áreas denuncian prácticas clientelares
24 mar 2021 . Actualizado a las 01:10 h.El malestar que una parte destacada de la sociedad viguesa siente por el hecho de que el Museo de Arte Contemporáneo de Vigo haya perdido en los últimos tres años la categoría y prestigio que había logrado en el ámbito nacional e internacional solo estaba aletargado. Ese malestar se ha reactivado tras la publicación, por parte del Marco, de un avance de su programación de exposiciones del 2021.
Tras varias iniciativas que cuestionaron el cambio de rumbo del museo, una nueva misiva crítica sale a la luz tras moverse en foros sin necesidad de apoyos virtuales en más plataformas que las del pensamiento, el análisis y el sentido común. Por eso, la carta que hoy se hace pública (firmada por una treintena de profesionales de diversos sectores, como los escritores Xosé María Álvarez Cáccamo o Manuel Forcalela , el expolítico Xosé M. Beiras, artistas como Ánxel Huete o Irene Grau, junto a profesores, actores, arquitectos y músicos), señala, entre otras anomalías, prácticas endogámicas vinculadas al el hecho de que en la lista de artistas que protagonizarán exposición este año en el Marco, aparezcan nombres que se replican en otras entidades vinculadas al director del mismo, Miguel Fernández-Cid, a su vez tesorero de la Real Academia Gallega de Bellas Artes. Afirman en el texto que lleva por título O clientelismo como unha das Belas Artes, en clara alusión a las conexiones entre unos y otros, aunque sin hacer mención expresa, que «a presenza nesta lista de certos nomes supón a confirmación de que o concurso para a elección da dirección do museo, que o alcalde Caballero cualificou en 2019 de ‘‘exemplar’’, foi o que no seu día moitos denunciamos: un traxe feito á medida para unha determinada persoa».
También hacen hincapié en prácticas del Concello que resultaron nefastas: «O boicot orzamentario e o desentendemento das obrigas protocolarias do rexedor municipal para co Marco acabou provocando a dimisión do anterior director do museo en 2017; tal resultado revelouse como parte dunha estratexia desenvolvida pola alcaldía para facerse co control da institución, demostrada en manobras como, por unha banda, a populista descualificación da arte contemporánea, tachándoa de elitista co fin de erosionar ante a opinión pública a credibilidade do museo; e, por outra, a autoritaria recomposición do Padroado para acadar unha representación municipal maioritaria mediante a que impor as súas decisións». Al respecto, subrayan el insólito caso mundial de patronato de museo formado solo por políticos a excepción del honorífico de su primera directora.
Pero lo que cohesiona el discurso son endogámicas conexiones entre cargos, desde el propio proceso de selección de nuevo director, a las exposiciones en rampa de salida. «Meses antes da celebración do concurso transcendeu aos medios o encontro de Caballero co presidente e o tesoureiro da Academia de Belas Artes, e a visita dos tres á rede de museos».
También lo ejemplifican con lo ocurrido en un debate sobre arte organizado por la sección de Creación e Artes Visuais del Consello da Cultura Galega. «Un dos relatores suscitou a desaprobación dos organizadores ao suxerir prácticas endogámicas nas institucións artísticas. Entre outros membros atopábanse, visiblemente contrariados, o coordinador da sección do Consello (tamén presidente da Academia de Belas Artes) e o tesoureiro da Academia, á que representa na sección de Artes Visuais do Consello. Xusto esa parte da ponencia sufriu un corte no streaming».
Formas «chapuceras de tan evidentes»
Los firmantes aclaran que solo pretenden llamar la atención sobre formas de actuar «chapuceiras de tan evidentes», con las que no comulgan. «Que saiban que hai moita xente para a que non colan estes procedementos» y añaden que «O funcionamento das institucións culturais públicas debe estar blindado a intereses espurios e discorrer por canles democráticas, para garantía, entre outras cousas, da igualdade de oportunidades».
«O clientelismo como unha das Belas Artes»
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo vén de emitir unha nota de prensa anunciando a programación de exposicións de 2021. A presenza nesta de certos nomes supón a confirmación de que o concurso para a elección da dirección do museo, que o alcalde Caballero cualificou en 2019 de “exemplar”, foi o que no seu día moitos denunciamos: un traxe feito á medida para unha determinada persoa.
Os feitos que a continuación describimos só se poden entender como resultado de determinadas prácticas enquistadas na política cultural dende hai décadas.
O boicot orzamentario e o desentendemento das obrigas protocolarias do rexedor municipal para co MARCO acabou provocando a dimisión do anterior director do museo en 2017; tal resultado revelouse como parte dunha estratexia desenvolvida pola alcaldía para facerse co control da institución, demostrada en manobras como, por unha banda, a populista descualificación da arte contemporánea, tachándoa de elitista co fin de erosionar ante a opinión pública a credibilidade do museo; e, por outra, a autoritaria recomposición do Padroado para acadar unha representación municipal maioritaria mediante a que impor as súas decisións.
Porén, a estratexia da alcaldía veuse entorpecida por diversos atrancos: o fracaso da xestión do museo por carecer dunha dirección profesionalizada; o intento frustrado de chantaxe a vinte artistas no proxecto Metrópole, perspectiva urbana da arte galega, e que, debido á renuncia da maioría de artistas, resultou un fiasco; a mediática presión do sector da cultura de Galiza e do Estado reclamando un concurso público para a elección da dirección do museo; e presumiblemente, a presión do propio partido de Abel Caballero.
Ao cabo, o alcalde viuse obrigado a rectificar atribuíndose descaradamente o mérito de convocar un concurso público “ que melloraría aos precedentes, composto por un xurado de prestixiosos expertos independentes”.
Meses antes da celebración do concurso transcendeu aos medios de comunicación o encontro de Caballero co presidente e co tesoureiro da Academia de Belas Artes de Galicia, e máis a visita dos tres á rede de museos vigueses. Rubén Pérez, Concelleiro de Marea, denunciou na prensa a opacidade dese encontro logo de que as súas preguntas sobre o contido do mesmo, formuladas en pleno municipal, ficaran sen resposta.
Xa por esas alturas, determinados indicios facían sospeitar que o resultado do concurso estaba decidido de antemán, cousa que o concelleiro de Marea chegou a denunciar na prensa. Coa publicación das bases do concurso, a falta de trasparencia e de asunción do código de boas prácticas resultou palmaria. O traxe estaba confecionado.
Tamén en datas próximas a eses feitos se celebrara en Compostela un debate sobre a situación da arte en Galicia, organizado pola Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega. Durante a súa intervención, un dos relatores suscitou a desaprobación dos organizadores ao suxerir prácticas endogámicas nas institucións artísticas galegas. Entre outras e outros membros da organización atopábanse na sala, visiblemente contrariados, o coordinador da Sección do Consello -que é tamén presidente da Academia de Belas Artes- e o tesoureiro da Academia, á que, a súa vez, representa na Sección de Artes Visuais do Consello. Xusto esa parte da ponencia sufríu un corte no streaming, o que levantou certa sospeita, xustificada pola Sección como fallo técnico.
Cómprenos subliñar que a percepción xeneralizada no que respecta ao funcionamento da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas é a dunha considerable falta de transcendencia do que alí se trata, pero tamén de algo que vimos denunciando: a pertenza á Sección semella ser máis un privilexio que un servizo.
Concretamos de seguido a cales determinadas prácticas nos referimos no comezo deste texto: No adianto da programación do MARCO figura a exposición dun artista que, na súa calidade de presidente da Academia de Belas Artes, participou no citado encontro co alcalde de Vigo, de cuxos motivos nada se soubo; no seu papel de coordinador da Sección do Consello da Cultura, foi un dos organizadores do debate que rexeitaron as alusións á endogamia nas institucións artísticas. Ademais disto, o comisariado da súa exposición realizarao un dos membros do xurado do “exemplar” concurso. Pechando o círculo, o responsable do adianto da programación é o actual director do MARCO, quen foi elixido por aquel xurado e que é tamén o tesoureiro da Academia de Belas Artes e representante desta na Sección de Artes do Consello da Cultura.
O funcionamento das institucións culturais públicas debe estar blindado a intereses espurios e discorrer por canles democráticas, para garantía, entre outras moitas cousas, da igualdade de oportunidades. Iso é, a lo menos, o que parece desprenderse das recomendacións do “Informe sobre a provisión de postos directivos no ámbito cultural” de 2018, publicado antes da celebración do concurso para o posto de dirección do MARCO, por encargo do Consello da Cultura Galega a unha comisión onde figuraba o presidente da Academia e coordinador da Sección de Artes do Consello, á súa vez artista nominado no adianto da progración expositiva do MARCO 2021.
Coidamos que as administracións públicas non deberan delegar a mediación e a suposta representación do sector en persoas afíns nin en institucións marcadas por intereses particulares, pois o que iso propicia é o tráfico de influenzas como práctica habitual, a máis de políticas culturais pechadas a cal e canto á participación democrática. Moi ao contrario, deberan incluir formas de participación e representación da comunidade artística nas decisións sobre políticas culturais, algo que vimos reclamando dende hai xa mais de dúas décadas sen que no tempo transcorrido se vise disposición ningunha a prol de ter en conta outras opinións que non sexan as dos practicantes desa singular modalidade da corrupción chamada clientelismo.
Javi Álvarez (músico e productor)
Manuel Álvarez (fotógrafo)
Ricardo Álvarez Indio (profesor de Historia xubilado)
Xosé María Álvarez Cáccamo (escritor)
Xosé Manuel Beiras (economista)
Misha Bies Golas (artista visual)
Jerónimo Bouza Vila (sen profesión)
Anxel Bravo Portela (enxeñeiro técnico agrícola)
Isabel Bravo Portela (investigadora do I.E.O e amante da arte)
Antón Caamaño (artista)
Alba Cacheda González (educadora)
Ángel Calvo Ulloa (comisario de arte)
Maria Pilar Campo Domínguez (poeta)
M. Isabel Carrera Franco (xubilada)
Antía Cea (docente e comisaria)
Sara Coleman (artista/deseñadora)
Manuel Forcadela (escritor)
Anton García Fernández (xubilado e ferreiro)
Irene Grau (artista visual)
Rubén Grilo (artista)
Xosé Lois Gutiérrez Faílde (editor e fotógrafo)
Ana Justo Herrero (música e profesora)
Anxel Huete (pintor)
Oscar Iglesias Araujo (profesoriño)
Manuel Igrexas (historiador e profesor)
Violeta Janeiro Alfageme (curadora e investigadora)
Germán Labrador (profesor, Princeton University)
Fernando Lahuerta Mouriño (biólogo)
Daniel López Abel (historiador da Arte e investigador independente)
Edorta López Suárez (profesor de piano)
Gustavo Luca (Xornalista)
María Marco Covelo (crítica de arte/escritora)
Marco Maril Pardo (músico e artista sonoro)
Bibiana Martínez Álvarez (Antropóloga social, investigadora)
Fran Meana (artista e profesor)
Carmen Muradas (administrativa)
Iván Nespereira (fotógrafo)
Xosé Manuel Outeiriño (escritor e profesor da USC)
Aurora Pereira (pintora)
Elia Pérez (consultora)
Isaac Pérez Vicente (pintor)
Alejandra Pombo (artista visual)
Héctor Pose (profesor)
Anxo Rabuñal (profesor de Filosofía)
Bandia Ribeira Cendán (fotógrafa e docente)
Lúa Ribeira Cendán (fotógrafa)
Miguel Anxo Rodríguez (profesor Historia da Arte USC)
Daniel Río Rubal “Caxigueiro" (artista plástico)
Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán” (Titiriteiro e actor)
Carlos Rodríguez-Méndez (artista visual)
Luis Ruiz (arquitecto)
Paula Santomé Rodríguez (artista visual)
Xesús SanXoás Formoso (abogado)
Hermes Salceda (profesor UVigo)
Lorenzo Suarez (profesor xubilado e músico)
Belisario R. Sánchez Miniño (profesor xubilado)
Xelís de Toro (escritor)
Damián Ucieda (fotógrafo)
Victor Vaqueiro (poeta e narrador)
Teresa Vaquero (economista)
Jorge Varela (escultor)
Delfina Vega (novelista)
Verónica Vicente (artista visual)