Terá lugar hoxe en horario de mañá e tarde no Centro Comercial Gran Vía
21 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Atrápame se podes, o concurso presentado por Paco Lodeiro chega hoxe a Vigo co obxectivo de atopar novos participantes. O equipo do programa instalarase no Centro Comercial Gran Vía. Procura xente espontánea, divertida e que teña a ilusión de conseguir un bote que nestes momentos supera os 53.000€.
A selección de persoas levarase a cabo en horario de mañá (11.00 a 14.00 horas) e de tarde (16.00 a 19.00 horas). Os candidatos deberán presentarse dentro das horas indicadas nas instalacións comerciais. A única condición para participar é ser maior de idade. Para todas aquelas persoas interesadas, que non podan acudir presencialmente o Gran Vía, están habilitadas varias canles de comunicación a onde poder enviar a súa candidatura. Pódese adxuntar un vídeo de presentación (máximo 3 minutos) e os datos de contacto, incluíndo o nome, teléfono, idade, lugar de nacemento e ocupación, por whatsapp ao 629 613 376 ou ao correo atrapamesepodes@crtvg.gal. Atrápame se podes emítese de sábado a mércores na TVG ás 22.00 horas.