O catedrático falecido o pasado ano participou da fundación de Galaxia e a UPG
06 nov 2012 . Actualizado a las 13:12 h.Antiguos alumnos e compañeiros de claustro rendirán homenaxe o venres 9 de novembro a Rufo Pérez, falecido hai un ano, nun acto que terá lugar no paraninfo do Instituto Santa Irene de Vigo. A homenaxe, que comezará ás 20.30 horas, contará coas intervencións de Xosé Luis Méndez Ferrín, Camilo Nogueira e Víctor F. Freixanes. O terá tamén unha parte poética na que recitarán Xía Roel, Vidal Villaverde, Xurxo Pérez e Valentín Bóveda. Pola banda dos antigos alumnos tomarán a palabra Xulio Alonso e Xenaro Suárez. Dase a circunstancia de que Xenaro Suárez foi alumno e despois compañeiro de claustro de Rufo Pérez. O homenaxeado naceu en 1915 na parroquia viguesa de Freixeiro. Na súa mocedade formou parte do grupo xuvenil galeguista Ultreia, formado por Álvaro de las Casas. Anos despois, Rufo Pérez participou na fundación da Editorial Galaxia e aínda nos anos sesenta participaría na fundación da Unión do Pobo Galego. Estivo 45 anos impartindo clases nos institutos vigueses.