Na aldea, de verbena, na praia... Como foi o mellor verán da túa vida? Envía as túas historias a Xa choveu

XA CHOVEU

Cada verán ten a súa propia historia. Cal é a que recordas con máis morriña? [Envía aquí as túas fotos antigas para crear con nós a memoria colectiva dos galegos]

03 jul 2024 . Actualizado a las 17:12 h.

Chega o bo tempo, o olor a crema solar, o son dos nenos chapuzando na auga e con eles os recordos dos veráns pasados. Meses baixo o sol (e algunha chuvia) de volta na aldea, de festa en festa, na praia ou de vacacións en familia. Hai mil formas de desfrutar del e cada verán ten a súa propia historia.

En Xa choveu, queremos coñecer as túas. Aquel verán no que fuches de verbena por primeira vez, no que namoraches ou no que aprendiches a andar en bicicleta. Recordas onde estabas cando non podías deixar de cantar aquelo de «Eva María se fue, buscando el sol en la playa»? Ou cando o tempo se medía en cadernos Rubio ou Vacaciones Santillana, os debuxos do Xabarín Club e os xeados da venda ambulante?

[Envía aquí as túas historias e fotografías para crear con nós a memoria colectiva dos galegos]

A mellor maneira de revivir aqueles días de partidas interminables de cartas e novas aventuras é compartilo entre todos. Entra en https://xachoveu.lavozdegalicia.es/, fai clic en «Envía a túa foto» e cóntanos as túas historias para que, entre todos, rememoremos os veráns da nosa vida.