Canto sabes do Festival de Ortigueira?

Carlota G.L.

XA CHOVEU

Festival do Mundo Celta de Ortigueira
Festival do Mundo Celta de Ortigueira MODESTO CHEDA

Esta é a historia da evolución durante case medio século da proposta dunha vila ata convertirse nun dos festivais con mellor acollida do país

12 jul 2024 . Actualizado a las 17:21 h.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que se está a celebrar estes días, leva ás súas costas 46 anos de tradición.Trátase dun dos eventos culturais e folclóricos máis representativos da cultura celta en España. Un festival creado co obxectivo de dar difusión á cultura celta. O evento conta con zona de acampada, escenarios e multitude de actividades culturais das que gozar ao aire libre.

Camping Ortigueira
Camping Ortigueira

Este festival ubícase no piñeiral da praia de Mouruzos, onde se establecen 20.000 parcelas para todas aquelas persoas que queiran gozar dunha fin de semana de inmersión cultural e musical.

[Envía aquí as túas fotos antigas para formar parte da memoria colectiva de Galicia]

Conta ademais cun servizo de autobuses gratuítos que transportan aos festivaleiros do pobo aos puntos de festa, servizos sanitarios, seguridade e zonas de aseo. Nesta festival tampouco falta a gastronomía xa que inclúe food trucks con pratos adaptados da alimentación galega ao contexto dun festival.

Actualmente podería o Festival de Ortigueira está entre os máis importantes de Europa en temática cultural e folclórica.

Antecedentes de eventos semellantes

Existen referencias doutros eventos que poderían ser a inspiración orixinaria dos precursores desta tradición.

Unha clara referencia puido ser o Feis Ceoil, en Dublín, considerado un dos primeiros festivais deseñados ao redor da popular música tradicional irlandesa. Este evento lévase celebrando desde 1897.

Máis próximo en espazo e tempo temos a Álvaro Cunqueiro. O escritor galego organizou en 1964 un festival folclórico en Castrelos, en Vigo: o I Festival do Mundo Céltico. O espectáculo contou xa daquela coa participación de agrupacións escocesas, asturianas, galegas e algunhas procedentes de Bretaña.

Cabe destacar tamén a relevancia internacional do Festival Intercéltico de Lorient ao que acoden máis de 900.000 persoas. Durante des días de agosto, e desde hai máis de 50 anos, é unha cita ineludible para os amantes das nacións celtas (Escocia, Irlanda, País de Gales, Cornualles, Isla de Man, Galicia, Asturias e Bretaña). A popularidade que foi adquirindo este festival foi un punto de inflexión para esta cultura xa que abriu camiño a futuras iniciativas ao redor das celebracións folclóricas tradicionais.

O verdadeiro pai do Festival de Ortigueira foi o xenuíno Xavier Garrote. A pesar das múltiples dificultades coas que se topou nos primeiros anos, este músico loitou pola cultura, o folclore e a difusión do festival de maneira incansable.

Garrote foi tamén o fundador da Escola de Gaitas de Ortigueira, a asociación que se encargou de organizar as primeiras dez edicións do festival (desde 1978 ata 1987).

Primeira etapa: A Escola de Gaitas de Ortigueira, unha década ao fronte do festival

Os primeiros dez anos do seu percorrido os organizadores participaban de maneira voluntaria na xestión do evento xa que primeiros anos carecían de apoios e axudas das institucións

En 1980, a achega do Concello de Ortigueira foi de 50.000 pesetas, 300 euros. Un orzamento pequeno para unha festa con 20.000 asistentes, que non tiña na contorna os servizos necesarios para tal número de persoas. 

Incidentes na edición de 1982
Incidentes na edición de 1982

As dificultades organizativas provocaron problemas de seguridade e embotellamentos nos accesos ao recinto. Con respecto aos incidentes, as institucións públicas e outros organismos oficiais desentendéronse e todo quedou ao cargo da Escola de Gaitas de Ortigueira. Isto marcou un antes e un despois nos ánimos dos organizadores..

En 1983, o festival non puido celebrarse polas intensas choivas. Ata 1985 as actuacións celebrábanse nun recinto valado ao que se accedía tras comprar a entrada, pero desde este momento, converteríase nun festival de acceso totalmente gratuíto. Para a súa décima edición, xestionouse tamén poder contar con aparcadoiro e zona de acampada libres.

A pesar de todos os esforzos, a organización non puido asumir a continuidade dunha xestión tan solitaria. O desgaste do equipo marcou o fin desta etapa. A escola de gaiteiros estaba máis que saturada polas polémicas.

Pasacalles no Festival de Música Celta do Ortigueira 1997
Pasacalles no Festival de Música Celta do Ortigueira 1997 ASPA

 Segunda etapa: Rexurdimento do festival con apoio de patrocinadores e institucións 

Pasaría máis dun lustro ata que se volveu celebrar esta festa. Nese momento, o pobo xa botaba de menos unha festa que xa se convertira na tradición e símbolo da Vila de Santa Marta de Ortigueira.

Isto levou a que, tras un período de sete anos, se retomara a súa posta en marcha en 1995. Esta vez si foi con apoios económicos da Xunta de Galicia, da Deputación de Coruña e do Concello de Ortigueira. A partir deste intre comézanse a unir ao patrocinio de importantes marcas.

Con toda esta colaboración, o festival si medrou ano tras ano ata que en 2007 reuniu a 107.000 persoas. O orzamento (aqueles 300 euros) ascendía entón a 670.000.

Forte industria cultural

Co interese dois patrocinadores comezou tamén a medrar o número de asistentes. Todo o movemento que se estaba xerando animou aos organizadores a ampliar horizontes en canto aos estilos musicais e así diversificaron o tipo de público, música e artistas invitados.

Patrick Molard, actuación
Patrick Molard, actuación

Ademais, a partir da edición do 2000, comézase a incluír un segundo escenario, o Runa. Nel compiten diante dun xurado os artistas noveis que buscan poder actuar no escenario principal na seguinte edición do festival.

Nese tempo os recoñecementos tamén comezaron a chegar, ata que no 2003 é declarado Festa de interese turístico nacional e en 2005 Festa de Interese Turístico Internacional.

Primeiro Festival do Mundo Celta no recinto do colexio 1978
Primeiro Festival do Mundo Celta no recinto do colexio 1978

É destacable o feito de que o festival foi ampliando a súa oferta cultural cara a outras actividades, evitando limitarse ao estritamente musical. Por iso hai representacións teatrais, de marionetas, postos de artesanía pola zona do porto, actuacións de baile e todo iso, sen contar, co tradicional Desfile de Gaitas das bandas que acoden desde todo o mundo. 

Carteles e artistas implicados na comunicación do festival

Ano tras ano, apréciase a cultura e evolución deste festival máxico a través das súas comunicacións. As pezas de cartelería adxudícanse cada ano por concurso e xa foron moitos os deseñadores, debuxantes e artistas que deron cor ao Ortigueira. Desde ilustradores anónimos a artistas de gran sona.

O cartel deste 2024 foi elaborado por un artista multidisciplinar, coñecido tatuador e deseñador leonés, Jorge Fernández Artega. A imaxe, chea de misticismo, ten coma protagonista ao dragón que é o símbolo representativo do festival e das lendas máis máxicas da localidade. Di a lenda que baixo Ortigueira escóndese desde tempos inmemoriais unha aterradora criatura que atemorizou aos habitantes da vila ata que a patroa Santa Marta de Ortigueira a desterrou con auga bendita.

Desde o inicio, este festival é unha festa que naceu para unir á xente, ofrecer un espazo cultural e compartir afeccións artísticas nun ambiente diverso e libre. Por iso, o seu lema baséase na democratización da cultura e o lecer.

A edición do 2023 foi especial xa que foi o máis longo da súa historia co obxectivo de compensar as edicións suspendidas pola pandemia do covid. Así, foron oito días de evento que reuniu a preto de 100.000 asistentes.

Comparte con nós as túas fotos no portal de Xa choveu: https://xachoveu.lavozdegalicia.es/

Festival internacional de Música Celta de Ortigueira 2009
Festival internacional de Música Celta de Ortigueira 2009

E ti, fuches algún verán ao Festival do Ortigueira? Queremos coñecer a túa historia.