Fernando Vázquez: «O maior obstáculo estaba no propio clube. Ocorreron cousas supergraves»

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

CESAR QUIAN

El extécnico del Deportivo ofreció una rueda de prensa de despedida en la que admitió haber sentido desconfianza desde el final de la pasada temporada

15 ene 2021 . Actualizado a las 15:12 h.
Finaliza la rueda de prensa

Fernando Vázquez concluye su comparecencia deseándole toda la suerte a Rubén de la Barrera y pide unidad a la afición. «Seremos grandes cando estemos unidos».

¿Continará su carrera como entrenador?

Pensaba que o Deportivo sería a miña última etapa. Teño que pensar, síntome capacitado, teño a miña idade e iso en fútbol tense moi en conta. Dareime uns meses para pensar nesta situación. 

Su relación con Fernando Vidal

Sempre distinguín a situación profesional da persoal. Poderemos ser amigos a nivel persoal pero podemos discrepar nunha decisión. Non son vengativo, pero teño a miña opinión. Fernando Vidal fai os seus análises no seu entorno. Non teño que romper unha relación porque tome unha decisión en contra dos meus intereses.

Sobre a súa relación con ABANCA: Tamén é unha situación que me prexudica. Tamén me tería gustado ter unha relación mais directa co que realmente manda. 

Tras la derrota ante el Celta B...

Se eu recibira un ultimatum é posible que quizáis actuara de forma diferente en Zamora. 

Cando me preguntabades sobre a plantilla sempre dixen que necesitaban tempo. A situación na que viaxamos a Zamora, quizá sexa culpable de que tivera tantos lesionados para ese partido.

O presidente ten que saber o adestrador que ten, se realmente considera que o que ten non dá nivel, que só busca o seu ben, que non loita polos intereses do clube. Pero como eu valoro do que é capaz o noso plantel. Iso é suficiente para un cese?. Esta mini crise por perder dous partidos? A desconfianza era anterior. Se houbera confianza non habería motivos para o cese. Estes dous erros só foron a xustificación para o cese. 

 

Continúa hablando del obstáculo

Non estou falando de actitudes individuais. O equipo é unha cousa e o clube como tal é outra. O Deportivo non sabe o que se perde con David Sánchez. Podería recomendalo e vouno facer cando teña oportunidade os mellores clubes é técnicos. Adoro a xente que está en Abegondo, todo o que está alí. 

Sabía que cando un adestrador está cesado, corre o risco de falar e non ser críble. Pensei en algún momento de dar unha rolda de prensacando estaba no cargo, consultei se tiña que facelo ou non, porque houbo momentos moi duros pero que souben levar sen que ninguén se enterase. Non o fixen e agora considero que non é o momento.

Non o fixen porque pensei que se arreglaría todo sen a miña intervención. Creo e confío en que cousas que ocurriron se resolverían e non pasou. Antes do meu cese quero dicir. 

¿Se sintió maltratado o traicionado?

Non. Falo de cousas e actitudes incomprensibles. Gústame que me queiran cando as cousas non son brillantes. Non me gustan os halagos cando gaño. Notei un cambio de sensacións o final da tempada pasada e o principio desta. Moito do meu estado emocional ven dado porque a confianza no entrenador non era excesiva. Si a xente para a que traballas non confía en ti, pois non vas a ser un río de alegría. Pero non confundamos a alegría co traballo ou a paixón. 

¿Se refiere a Richard Barral?

En absoluto. Temos unha boa relación e fixo un bo traballo deportivo. Nesta situación que acabo de dicir non quero ir mais alá. Quen ten que sabela sábea. Sabía que esta rolda de prensa era un momento dificil e complicado. Ata onde podía falar. Sempre pelexei pola unidade dentro do Dépor porque me parecía fundamental. Estou falando para os afeccionados, para que poidan entender algunhas situacións. Teño clarísmo ao que o Deportivo pode chegar, sempre que a súa afección queira. O clube ten que traballar para ser grande e o responsable sabe do que estou a falar. 

 

El obstáculo

Non teño nada máis que dicir. Dixen o que dixen para que o Deportivo sexa capaz de resolver aquilo que ten pendente de resolver. 

Sobre el cese...

O maior obstáculo que atopei, quizá xa dende os últimos momentos da tempada pasada, non estaba no exterior, non estaba fora. Estaba dentro do propio clube. Creo que ocorreron cousas que me parecen supergraves. Cousas que sabe o clube e so espero que polo ben do Deportivo, saiban, tanto o presidente como Abanca, teñan a valentía de que a unidade volva para poder conseguir os obxectivos que todos aspiramos.

A sus ya exfutbolistas...

So encontrei axuda e colaboración no meu entorno. Teño miles de mensaxes. Non contestei a ninguén, fareino a partir de agora. Consideraba que este grupo de futbolistas é un dos grandes grupos que tivera na miña carreira profesional. Doulle mil grazas polo seu comportamento comigo e cos meus colaboradores. Se teñen a cofianza de todos levaránnos a Segunda División.

Sigue sobre el cese

«Non recibín ningún ultimatum por parte do clube. Pero teño que expresar o sentimento que teño e co que me marchei é que, cando cheguei o clube estaba en crise. Agora non considero que a crise deportiva, sen análisis previo, sexa suficiente para a destitución. Estabamos cumprindo obxectivos, pode haber matices, pero estaba capacitado. Cústame crer que, sen facer unha análise previa, que este adestrador que servía para sacar de momentos críticos, non poida sair da que está agora. Iso faime dudar da decisión. Non hai proporción da defensa que fixen dos intereses do clube e ese compromiso, pregúntame se so valía se gañaba ou non un partido»

Sempre me considerei entrenador, porque se ten dito que mais que adestrador era animador de masas. Son adestrador a base de estudio, de formación. Cando estaba no Compostela chamábanme «profe». Agora que me sobra experiencia, algún podería pensar que me faltaba formación. Nunca deixei de formarme. Teño una relación especial ca afección do Deportivo, pero considérome un adestrador bo e de máximo nivel.

 

Cuando le preguntan de qué equipo es...

«Cando me preguntaban se era do Celta ou do Dépor. Sempre evitei esa pregunta pero agora síntome coa libertade de dicilo. Cando era un neno, sempre fun moi entusiasta do fútbol, e sempre fun deportivista. Agora deixo de ser adestrador pero paso a seguir sendo afeccionado. Enfrenteime moitas veces como profesional ao Deportivo, é quería facelo ben para chamar a atención do clube e que me ficharan. Tiña a ilusión de deixalo en Primeira División»

Sobre su destitución como técnico del Deportivo

«Respecto absolutamente a decisión do clube. Acepto a situación. O primero que fago cando pasa isto e poñerme a mirar o que puiden facer mal, en que fallei. Errores como adestrador todos os cometen. Vin aquí para axudar, non para gañar diñeiro, nin prestixio. Non vin tampouco por un proxecto profesional especial, sei a idade que teño».

«Tocoume vir en tempos complicados ao Deportivo. Coa circunstancia de que cambiei un pouco de dirección no medio da tempada e iso non é doado. Se algo que corroe interiormente, dígoo con total sinceridade, é que as expulsións que sufrín o ano pasado, me impediron estar perto do equipo en momentos importantes. Estaría moito máis feliz se neses momentos estivera no terreo de xogo. Son moi crítico conmigo mesmo. O que sí lle quero dicir a miña afición é que, iso que teño escoitado por aí de que non tiña ganas ou que non era o mesmo do ano pasado, paréceme absurdo. Todos sufrimos de forma tremenda o que pasou o ano pasado pero recoñezo que tiven un momento de debilidade, pero estaba como un canon nestes momentos. Unha cousa é que me custara aceptar que o clube estaba en Segunda B, pero a miña ilusión era ascender o Dépor».

Los motivos de la rueda de prensa

«Quería pensar, reflexionar. Non me consideraba preparado para falar inmediatamente. Foi un mal trago, un momento duro. Pido perdón por non falar antes, pero necesitaba tempo para pensar»

«Foi moi difícil»

«Quero agradecer o apoio da afección, pero tamén o dos meus colaboradores. Conseguimos ter un equipo supercoordinado e preparado. Vivimos momentos moi duros e moi difíciles». «Quero recordar aos nosos médicos porque estiveron sempre aí. Deixo amigos neste vestiario. O gran traballo do meu preparador físico, Manuel Pombo, polo seu traballo durante a pandemia. Fixo un traballo enorme. Non quero olvidarme de ninguén. Sufro mais as veces pola relación que establezo nos clubes que polo feito de deixar o equipo».

Comienza la rueda de prensa

Fernando Vázquez afirma que ofrece esta rueda de prensa para dirigirse al deportivismo. Considera que volvió al Deportivo por ellos y que siempre le tuvo un cariño especial y lamenta no haber podido sentirla esta temporada. «Gustaríame sentir como late o deportivismo con respecto ao entrenador, pero as cousas foron difíciles é son as que son»