«A xente ten que vir todo o ano»

La Voz

AROUSA

Isolino Álvarez Boullosa, propietario do hotel e da cafetería Isolino Din que o mundo da hostelería esixe moito sacrificio. Isolino Álvarez asinte cando escoita esa frase. «Algo terá que ter para que leve nesto tantos anos...tantos como medio século». El sorrí e fala despacio. «Esto ten moitos inconvenientes e pide moito sacrificio...». E engade despois dun silencio que «claro que algo terá que ter». Non é quen de definilo no momento. Pero as explicacións sobran cando fala dos clientes que xa son amigos, dos cambios históricos que vivíu desde detrás da barra da súa cafetería «na Catorse», e das súas aventuras durante tantos anos de traballo. «Non perder a ilusión é o importante», advirte.

21 abr 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

R. ESTÉVEZ O GROVE Nos anos 30, unha taberna ocupaba a parcela na que agora se levanta o hotel de Isolino. Por alí xa andaba este home, «o que máis sabe do Grove», segundo moitos dos seus veciños. El encolle os hombreiros. «Deso nada», di. -Por algo lle virá a fama... -O certo é que nesta cafetería vivíronse moitas cousas. Sobre todo, perante a transición. Daquela chamábanlle a ONU, porque ata aquí viña xente de todos os partidos a falar e chegar a acordos. Como o da moción de censura contra Bea...A verdade é que foron temos apaixoantes. -E vostede un espectador privilexiado. -E curioso o moito que cambiaron as cousas. Cando esto empezou a funcionar como cafetería, falábase de facer nesta rúa aparcamentos para bicicletas. E mira o que hai agora. -Agora hai tamén moitos máis hoteis. ¿Cómo se recibíu a competencia? -Ben, claro. Agora hai moitos hoteis, non só no Grove, senón en toda a comarca. Pero en temporada alta non son aínda bastantes para a cantidade de turistas que chegan ata aquí. E os que xa estabamos fúmonos actualizando e adaptándonos os tempos. -¿Son moitos os cambios que hai que facer? -Pois agora mesmo estamos a remodelar unhas habitacións. Esto chega a resultar ingrato, porque nunca acabas. -E os turistas tampouco deixan de chegar... -Si. Conquerir ampliar a temporada de chegada de visitantes é unha das teimas que tiñamos un grupo de hosteleiros de aquí. Nos anos 60 fomos os que empezamos coa publicidade e a propaganda, e os que tiramos un pouco da Festa do Marisco. Había ilusión, e eso é o fundamental. -Agora hai moitos proxectos en marcha. O Plan de Excelencia, a Estación Náutica...¿Que lle parecen? -Estupendas. Son a plasmación do que nós desexabamos. É necesario buscar alternativas para atraer á xente fóra daqueles días de verán. Hai que aproveitalas. Sobre todo nós, que somos históricamente o estandarte do turismo en toda a comarca.