Yeray García e Pedro Torrado, prata no C2 1.000 do Mundial Universitario
A ILLA DE AROUSA
Os padexeiros do Piragüismo Illa de Arousa e do As Torres-Romaría Vikinga foron superados tan só pola parella italiana na cita de Montemor-O-Velho
23 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Un día despois de coroarse campión no C2 200 co madrileño Diego González, o padexeiro do Piragüismo Illa de Arousa Yeray García sumou onte a súa segunda medalla no Campionato do Mundo Universitario que se celebra ata o domingo na localidade portuguesa de Montemor-O-Velho. Desta volta, colgándose a prata no C2 1.000 xunto con Pedro Torrado, canoísta vilagarcián do As Torres-Romaría Vikinga.
García e Torrado entraron en meta cun tempo de 3.57,549, a un mundo de distancia dos campións, o italianos Filippo e Francesco Poschetto, campións en 3.53,142, pero tamén sen rivais pola prata, cos polacos Krystian Krzyzanowski e Piotr Kujawa bronce en 3.59,309, a máis de segundo e medio da parella arousá.
Torrado, oitavo no C1
O resultado eleva o seu mérito por canto Pedro Torrado viña de disputar hora e vinte minutos antes a final do C1 1.000. Certo é, deixándose levar moi pronto, logo de ver ao paso polo 250 que as súas opcións de podio eran nulas ante rivais maiores, sendo o vilagarcián o padexeiro máis novo, con 19 anos. Foi oitavo.