O recinto deportivo, que está a piques de cumprir trinta anos de antigüidade, conta cunha superficie de 1.500 metros cadrados
25 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Os traballos de posta a punto do pavillón de Baño dan un novo paso coa saída a licitación dunha nova obra que incluirá o recubrimento da fachada con paneis sandwich, a mellora da drenaxe para a recollida de augas pluviais, a substitución da carpintería exterior deteriorada e a renovación de aparellos sanitarios nos vestiarios e aseos.
O investimento que se destinará a estas actuacións ascende a 110.897 euros, que se financiarán a través dunha subvención do Plan Extraordinario de Infraestruturas deportivas da Deputación. O recinto deportivo, que está a piques de cumprir trinta anos de antigüidade, conta cunha superficie de 1.500 metros cadrados, repartidos entre a pista polideportiva, os vestiarios, aseos e gradas. Son numerosas as actividades, tanto federadas coma non federadas que se realizan, promovidas polo Concello, clubs, centros educativos...