O CNS Vilagarcía, subcampión da Liga Galega Absoluta de Salvamento

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Os deportistas do club bateron catro rexistros autonómicos

12 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O CNS Vilagarcía confirmou o pasado domingo o súa condición de novo subcampión da Liga Galega Absoluta de Salvamento en Piscina. En Carballo, o conxunto arousán finalizou a temporada cun total de 1.421 puntos, superado tan só polo Sysca, con 1.681, e por diante do Umia de Caldas, terceiro no podio por equipos con 1.406.

A actuación coral dos 15 deportistas do CNS Vilagarcía incluíu catro novos mellores rexistros galegos. Yago Vicente estableceu marcas nos 200 metros obstáculos, cun crono de 2.03,47, e nos 100 metros combinada, con 1.04,81. Pedro Costa fíxoo nos 200 metros supersocorrista, en 2.16,21, e o relevo do 4x50 metros obstáculos parou o reloxo en 1.50,86.