Igual moitos lectores non coñecen as tumbas etruscas, e menos aínda verán a similitude que poidan ter cos hórreos galegos, pero si que hai quen os confunde, porque un anticuario italiano levaba hórreos galegos a poxas internacionais anunciándoos como «tumbas etruscas», o que fixo levantar a lebre e as sospeitas aos corpos de policía italianos que se puxeron en contacto cos nosos corpos de seguridade para informarlles de que alguén estaba transportando templos galegos a Italia para vendelos, aproveitando a liberdade de movementos que a Unión Europea lle permitía, xa que as fronteiras desapareceron.
En teoría, este anticuario levaba anos circulando polo noso territorio e comprando hórreos aos nosos paisanos, cargándoos nun camión despois de desmontalos. Un acto prohibido, porque os hórreos non se poden trasladar, pero como temos tantos, e os nosos paisanos están dispostos a quitar uns cartos por algo que non necesitan para nada, seguramente para comprarlle un coche ao seu neto ou para calquera outra banalidade, aquel home compraba a baixo prezo e vendía moi caro en Italia, enganando aos compradores aos que lles vendía tumbas etruscas.
Finalmente foi perseguido polos corpos de seguridade e detido na fronteira cando levaba consigo algúns cabazos no camión, desmontados, e enriba sen factura de compra, porque os vendedores dos hórreos facíano en cartos ocultos á Axencia Tributaria.
Moitas veces, a realidade supera á ficción, e case difícil de entender. Por desgraza, non temos conciencia do legado que herdamos. Algo temos que mudar.