A influencer Helena Huelva faleceu a causa dun cancro hai uns días. Non vexo máis ca titulares onde se insire con total facilidade unha linguaxe bélica sen precedentes, con palabras como loitadora, batalla e un largo etcétera
09 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.A morte é o lapso da vida máis duro, unha espiral sen precedentes. A influencer Helena Huelva faleceu a causa dun cancro hai uns días. Non vexo máis ca titulares onde se insire con total facilidade unha linguaxe bélica sen precedentes, con palabras como loitadora, batalla e un largo etcétera. Temos semellante tabú na sociedade que continuamos chamándolle ao cancro unha longa enfermidade. Paréceme que moitas veces son os enfermos os que están obrigados á saír a palestra, voluntariamente ou non. A visibilizar unha lacra que non se prioriza, a pesares de que se estima que 300 persoas morren de cancro ao día no noso país. Cifras que poderías ser de pandemia pero que son dun mal endémico que leva moito máis tempo entre nós. A palabra clave é investigación. Aquela que é mínima en países coma o noso, o que menos inviste neste ámbito en Europa. Seguro que Helena Huelva quería que as súas publicacións se compartisen masivamente pero non para dar unicamente unha mensaxe inspiradora. Quería que a xente contribuíse a investigar proactivamente. De nada serve que compartamos unha foto dela por empatía se cando vemos un buzón de doazóns da Asociación Española contra o Cancro non botamos nin unha mísera moeda. A hipocrisía do ser humano non ten barreiras.
Os enfermos teñen dereito a abandeirar publicamente ou non a súa enfermidade, visibilizala ou vivila en recollemento. Os Estados si que teñen obriga de velar máis pola saúde pública e menos polas guerras funestas. Quedo cunhas palabras do escritor Alejandro Palomas hai pouco: «Miña nai morreu de cancro, non perdeu ningunha loita contra o cancro. Se alguén perdeu fomos nós, quedando sen ela».