La Merced, de Sarria, derrota ao campión do Ecopreguntoiro e avanza de ronda
CARBALLO / LA VOZ
CARBALLO

Ecovoz 2025 | O centro logrou impoñerse ao CPR Sacro Corazón de Praceres, gañador da última edición
24 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O CPR Plurilingüe La Merced, de Sarria (Lugo) avanzou este venres á segunda rolda do Ecopreguntoiro tras superar no seu enfrontamento ao CPR Sacro Corazón de Praceres, de Pontevedra, brillante campión da edición do ano pasado.
O equipo do colexio lucense está formado por Brais Carballedo Cachafeiro, Martín Fernández Novo, Andrea Martínez González, Rubén Fernández Díaz e David Arias Veigas, baixo a coordinación do mestre Roberto Vázquez Rodríguez. Foi un concurso moi igualado que os gañadores se levaron por acertar unha pregunta máis que os vixentes campións.
Xa só quedan dous enfrontamentos desta primeira volta.