Os alumnos do colexio baiés representarán a peza de teatro «Os nenos da variola»
29 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.A Coruña • Isabel Zendal, rectora do Hospital da Caridade da Coruña, participou no seu día na Real Expedición Filantrópica da Vacina, facéndose cargo de 22 nenos expósitos, portadores da vacina «a flor de pel». A expedición saíu do porto da Coruña o 30 de novembro do 1803 e está considerada a primeira expedición sanitaria internacional da historia. Para lembrar a figura e obra de Zendal, a UDC e máis a Deputación organizaron para mañá unha completa xornada. Entre as actividades programadas está a representación da peza de teatro Os nenos da variola (12.15, Paraninfo), a cargo de nenas e nenos do colegio Labarta Pose de Baio, e con base na obra de María Solar, deste mesmo título. Unha conferencia da escritora Susana María Ramírez ou os premios de Expociencia-UDC tamén forman parte do programa deseñado.