O alumnado puido escoitar tamén á escritora e veciña María Canosa, quen falou de Luísa Villata
17 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Aínda que aprazado por causas de forza maior o recoñecemento previsto para hoxe a Plácido Baamil, non faltan en Cee xeitos de conmemorar as Letras Galegas. Acolleu o auditorio Baldomero Cores onte, por exemplo, a entrega dos premios dos concursos convocados pola biblioteca municipal Francisco Mayán. Previamente, a escritora María Canosa departeu co alumnado sobre Luísa Villalta. No caso do certame Achegamento ao libro concorreron 275 traballos: Daniela Núñez, do Manuela Rial, gañou na categoría de primeiro e segundo de primaria; Breixo Souto, tamén do Manuela, na de terceiro e cuarto; e Antón Montes, do colexio Vila de Cee, na de quinto e sexto. No referente ao concurso En busca do noso marcapáxinas, foron 147 as propostas, resultando gañadora a de Antón Sambade Vázquez, do colexio Manuela Rial. Para mañá, sábado, ás 21.00 horas, está programado o Concerto das Letras da Banda de Música de Cee: 21.00 horas, no auditorio.