Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Merecida homenaxe ao Malpica campión de todo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

BASILIO BELLO

O conxunto que levantou liga e Copa da Costa no 1985 foi recoñecido onte co Premio Malante

23 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

«Coma min, moitos nenos comezaron a darlle patadas á pelota ao ver a aqueles ídolos cada domingo defender a Malpica». As palabras de Walter Pardo resumiron ben o sentir da veciñanza cara os integrantes daquela Sociedade Cultural Deportiva Malpica que gañou a Liga e a Copa da Costa na tempada 1984-1985. Un equipo que onte recibiu unha merecida e fermosa homenaxe coa entrega do Premio Malante. «Xa foran candidatos noutras ocasións, pero deixamolo pasar ata o 2025 para que cadrase co aniversario», explicou Pardo, o presidente da Asociación Cultural que entrega o galardón. «Puxeron a Malpica no mapa do fútbol da Costa e fixeron historia no pobo, ademais de ser un dos poucos equipos de toda a comarca que gañaron esas dúas competicións no mesmo curso».

BASILIO BELLO

BASILIO BELLO

Walter recordou o importante que era naquela época o fútbol para a veciñanza, «algo máis que un deporte»: os domingos para os nenos eran os días de ir a catecismo e ao fútbol, recordo ben a ilusión de coller o bus para ir ver os teus ídolos a onde fosen xogar, e o ambiente que había».

BASILIO BELLO

Nomes como os de Coviñas, Esmorís, Chouciño, Nil, Tasende, Bardanca, Ramonciño, Antón Reixía, Ramón Lancha, Juan de Saleiro, Tono ou Josecho volveron a recibir aplausos e vítores nun acto que se levou a cabo nun centro cívico de Malpica cheo de xente. Alí, subiu ao escenario unha gran representación daquel mítico equipo, na que, ademais de xogadores, se incluiron directivos e membros do corpo técnico.

BASILIO BELLO

«Un acto moi emotivo e emocional», sinalou Walter. E merecido, sobre todo, para un equipo que foi o preludio do gran conxunto que logo, con menos xogadores locais, chegaría á Terceira División. «Para nós eran heroes».