José María Rocha leva 11 anos afincado en Vimianzo e case tres ao fronte da reivindicacións dos pensionistas retornados
16 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.José María Rocha Rodríguez (Tui, 1959), técnico de vías e obras xubilado, despois de 33 anos en Suíza, leva 11 en Vimianzo e, aínda que prefire «traballar e axudar no que se poida en vez de estar diante», case tres ao fronte das reivindicacións dos pensionistas retornados.
-¿Como comezou esta loita e que saída lle pode dar a política?
-Todos os que saímos de aquí fomos para mellorar a forma de vida. Non traballamos para ninguén, traballamos para nós, pero fixemos as nosas casas permitimos que moitos albaneis, electricistas, carpinteiros,... non tiveran que emigrar. Despois que pasamos as que pasamos, porque fomos con 15 anos e non sabiamos idiomas nin estabamos formados como agora, chegan Rajoy e Montoro e fan unha amnistía fiscal para beneficiar aos seus amigos e a nós, que non queremos iso senón un trato xusto, mándannos unha carta dicíndonos que somos uns estafadores. Por iso, cando menos, imos crear unha asesoría xurídica para informar á xente.
Cuestionario
1. ¿Que medidas contempla con respecto á autovía? Comezouna o PSOE, o PP cambiou todo para aumentar o custe e que chegase a onde chegou. Andeina a pé ata Carballo e é marabilloso o que hai pero temos que loitar e matarnos por levala ata Brens.
2. ¿E con respecto ao Parque do Megalitismo? Este día levei a meus sobriños a Dombate, encantoulles. É por isto, o noso, o que temos que coidar e non aeroportos baleiros e infraestruturas que non valen para nada.
3. ¿Que considera sobre a pesca? Os mariñeiros estiveron meses en San Caetano sen que Feijoo sequera os saudase. Sempre hai cotas para os de fóra e recortes para aquí.
4. ¿E sobre o agro e o despoboamento do rural? A xente do campo traballa día e noite para que despois lle pague máis a pena tirar o leite que vendelo, mentres entra produto de fóra.