O académico de honra electo Viale Moutinho tamén marcha da RAG

La Voz

CULTURA

08 mar 2013 . Actualizado a las 15:07 h.

O escritor e xornalista portugués José Viale Moutinho, académico de honra electo da Real Academia Galega, vén de remitir unha carta a Ferrín na que lle explica a súa renuncia a tomar posesión como membro honorario da institución: «No momento en que, cansado de incomprensións e inxustizas, ben como de sórdidos ataques, renuncias a presidir e a permanecer nunha institución histórica, onde están tantos dos nosos mellores camaradas, déixame acompañarte nese xesto, abandonando a RAG».

Viale Moutinho subliña que este xesto non se pode interpretar como unha afronta aos demais académicos e rubrica poeticamente a súa misiva: «Vamos, coma sempre, por aí, que o campo de batalla é tan grande e tan interesante que dá para escollermos á vontade inimigos máis dignos do noso combater».