Antonio Durán Morris e Rosa Cedrón recibiron o galardon en artes escénicas e en música galega, respectivamente
30 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Os premios Rebulir da Cultura Galega 2019 xa teñen donos despois de que o xurado se reunira este luns para valorar as candidaturas presentadas. Os gañadores son: Rosa Cedrón, na categoría de música galega; Antonio Durán Morris, en artes escénicas e patrimonio; e a Coral de Ruada obtivo o premio homenaxe no seu centenario. A entrega terá lugar na gala do festival, o 21 de decembro.