El Bloque nos bloquea Espectáculo bochornoso

La Voz

PONTEVEDRA

09 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Semella que os comerciantes síntense moi perxudicados polas obras en dúas rúas, ou polo seu cambio de sentido, ou polos cambios no tráfico ou polo peche de rúas o tráfico de vehículos (algunha destas cousas acertará): «Es que ahora ya no se puede ir al centro». «A ver como se llega de Vigo al párking de Barcelos». «Por aquí antes ían dous coches e agora só pasa un». Non sei, non sei. O millor é que Pontevedra comeza a ser unha cidade, onde hai que pensar antes de sair de casa, onde hai que coñecer e organizarse. Cando chega algúen de Madrid aquí, sorpréndese do uso que fago do veículo particular, ¿pero para que quieres el coche aquí?, si todo está a dos pasos. Eu penso que os comerciantes teñen outros problemas que non os da actuación deste goberno municipal. Estes problemas teñen nome francés (en Pontevedra) ou inglés (en Vigo), por sinalar dous. Se a actividade económica está caíndo, digo eu que non ha de ser polos cambios na forma urbán que, lonxe de impedi-lo acceso, agora permeten a xente andar pola rúa (¿non se ten sorprendido de comprobar cantos carriños de bebés hai polo centro coa natalidade tan baixa que temos?). É certo que hai problemas de estacionamento, que hai obras e son incómodas; é certo que se cometen erros, pero ¿é isto dabondo para unha manifestación de 3.000 persoas?. A algún até se lle pasa pola cabeza unha moción de censura. ¿Onde están as reclamacións dos comerciantes? Eu teño a impresión de que estes comerciantes non se queixan do que di a prensa que se queixan. Teño a impresión de que parte do comercio, cós seus representantes á cabeza, descarga-la xenreira que este goberno do Bloque lles xenera, por outros motivos que non a peonalización, e tentan convertir a mellor acción do goberno local nunha aldraxe ó comercio coa excusa do tráfico. E se para isto é preciso levarse por diante a peonalización, por diante nola levamos. Eu penso que ós comerciantes que se manifestaron lles molestan varias outras cousas que non a peonalización. Pero non o din. Moléstalles, en primeiro lugar, que lles falen en galego. Que os seus propios gobernantes lles falen en galego. Vexan o lema da manifestación. O galego non é a súa lingua, e parece que nunca o fora. A eses comerciantes lles molesta que se lles trate por igual que ó resto dos cidadáns. Este goberno municipal fachendea de que trata a todo o mundo por igual . Ou sexa: que eles que mandan na rúa (dominan os metros de fachada), que moven o diñeiro da praza, que crean a opinión na fala cotián coa xente, non se lles dé un trato preferente. Será que se consideran cidadáns mais importantes que os outros. Porque digo eu: non era que isto da avenida de Vigo xa se falara nunha reunión e os veciños xa falaran e expresaran có voto a súa opinión. Os comerciantes que sairon á rúa toman pulo cando ven que nos medios de comunicación si son considerados coa importancia que se lles debe (oubo tres manifestacións en quince días; comparen o trato de radio e prensa local; parecera que un comerciante vale por catro cidadáns). Estes dous motivos xuntos explican porqué cando se escolle o slogan El bloque nos bloquea este se dirixe o conxunto do partido político que goberna e non a unha ación concreta das que se reclama, como é habitual nunha manifestación. E por último, penso que a calquera comerciante lle molesta calquera perda de beneficio na súa actividade: lóxico e lexítimo. Pero reparen, ¿hai unha queda no comercio? ¿ten que ver coa peonalización ou ven de antes? ¿é realmente a peonalización o que lle causa o perxuicio ó comercio? ¿ou non será que se non fora pola peonalización estarían peor?. Felipe Xosé Lariño Noia. Parte de la directiva de la asociación de vecinos San Bartolomé que asistió al pleno municipal de ayer queremos expresar que es vergonzoso y muy peligroso lo que ha ocurrido. Numerosas personas de la empacadora de Vilaboa y miembros de la CIG, incluido algún funcionario del Concello, portaban papeles azules y blancos, que levantaban al hablar el PP y el PSOE. Les recuerdo a los vecinos de Vilaboa que en su día fueron apoyados por los comerciantes de Pontevedra, y que algunos tienen comercio en la zona y están sufriendo las consecuencias de la salvaje incomunicación a la cual están sometidos por no permitir circular para el servicio de los vecinos y carga y descarga de sus negocios. ¿Qué pasa con los supermercados que no se le permite a los clientes parar un momento para cargar?, esos clientes se han ido. Ha sido un verdadero escándalo, sin dejar hablar al portavoz socialista que, ante los insultos se vio obligado a abandonar el pleno, seguido por el PP. Le debería caer la cara de vergüenza coaccionar así a las personas y aún más vergonzoso aprobar la moción al quedarse solos. Hacemos un llamamiento a los vecinos de Pontevedra para que no se dejen coaccionar por el miedo que unos cuantos bárbaros intentan poner para salirse con la suiya,. La ciudad es de todos y todos tenemos derecho a opinar. Señor Lores, las personas de Vilaboa no pueden votar en Pontevedra y aquí está en juego la reorganización del tráfico simplemente y el futuro de la ciudad. Pedimos al PP y al PSOE que no abandonen a los ciudadanos y que acudan al Juzgado si es necesario, pero que no permitan que pisoteen los derechos de los ciudadanos. Como AVV estamos vetados en el Concello pero no nos importa, seguiremos defendiendo los derechos de los ciudadanos. Dicen que la derecha ha arruinado Pontevedra y el nacionalismo radical la está hundiendo. M.ª Luz Fernández, presidenta.