Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A festa da democracia

MARTIÑO SUÁREZ

PONTEVEDRA

¡ARRE HO! | O |

27 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

SE UN non é Fraga, cos seus delirios gaiteiro-presidenciais, aquí as cerimonias de aceptación dun cargo adoitan ser bastante aburridas e en absoluto orixinais: o alcalde de turno saúda ó saínte, no caso de que non repita, recibe o bastón de mando e álzao ó ceo con satisfacción. E acabouse. Nada teñen que ver co que montan en Sudamérica. Non sei se se fixaron estes días na toma de posesión do peronista Néstor Kirchner como presidente de Arxentina, a súa fronte cuberta de sangue despois de chocar coa cámara dun fotógrafo -estes xornalistas, como lles gusta a víscera-, o seu paseo triunfal en volandas e o seu suoroso discurso. E iso que non lle votou nin a cuarta parte do electorado. Hai uns meses fixo algo parecido Lula da Silva, que se paseou nun Rolls Royce moi pouco apropiado para un obreiro metalúrxico e pernambucano. O máis parecido que vimos por aquí nos últimos tempos foi a festa que deron os partidarios de Nené Barral despois de que gañase en Ribadumia. Quizá viran neste xornal as fotos da celebración, un cruce entre a romaría do Pelete e a cea dos criados de Viridiana. Así que esa era a famosa «festa da democracia», ¿eh?