O xurado do concurso tivo en conta para o seu veredicto, a utilización de elementos tradicionais na feitura dos maios e das coroas e a retranca, o rítmo, ou a linguaxe nas coplas. A súa valoración dos participantes deu como resultado estos premios: Premio especial de maios, dotado con 450 euros, para o maio de Cerponzóns. Premio especial colexios, de 300 euros, para o CEP Monte Porreiro. Maios: Primeiro, Monte Porreiro (150 euros) ; segundo, Cerponzóns (120 euros) e terceiro, Froebel (90 euros). Cantigas: Monte Porreiro (150 euros), Xeve (120 euros), e Os do Pavillón do colexio de Cabanas, Salcedo (90 euros). Interpretación: Cerponzóns (150 euros), Froebel (120 euros) y Xeve (90 euros). Coroas: Xeve (150 ¿), Cerponzóns (120 ¿) e Campañó (90 ¿). Participación: Todos os maios, polo feito de participar no certame, leváronse unha gratificación de 150 euros e unha rosca.