Anxo Cabada retrata a autores da literatura galega actual no «O imaxinario do país»

La Voz

PONTEVEDRA

Ángel López

05 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O imaxinario do país é o titulo da mostra inaugurada onte no Pazo Provincial da Deputación, na que o fotógrafo Anxo Cabada retrata a cincuenta autores da literatura galega actual. Esta exposición forma parte da programación cultural do Ano da Lingua e, tras o seu paso por Pontevedra, viaxará a Vigo, Lalín, Cangas e Ponteareas.

Segundo explicou o artista, na súa concepción fotográfica sempre buscou imaxes «que desen que falar» e por iso, logo de retratar xente do mar e da terra, decidiu combinar a fotografía e a literatura galega neste proxecto, no que estivo traballando durante seis anos.

A mostra inclúe imaxes e textos literarios de escritores que faleceron recentemente, como Agustín Fernández Paz, Xosé Neira Vilas ou María do Campo Kruckemberg, así como doutros Premios Nacionais de Literatura Infantil e Xuvenil, Ledicia Costa e Antonio Teixiero, do ex presidente da Real Academia, Xesús Alonso Montero, do actual presidente, Víctor F. Freixanes, ou da académica Fina Casalderrey. Ledicia Costas, que asistiu a inauguración, incidiu no feito «extraordinario de que a fotografía abrace a literatura coa elegancia co a que o fai Cabada».