«É o momento de que o rock volva reivindicar valores sociais»

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

O músico Ángel Paz presenta o seu primeiro disco, «Rostros invisibles», baseado no libro «Invisibles», de Montse Fajardo

25 may 2019 . Actualizado a las 20:17 h.

En un entorno pontevedrés tan emblemático como é o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, o músico Ángel Paz presentou este xoves o seu primeiro traballo discográfico, Rostros invisibles. «Tiña un proxecto no que quería reivindicar uns certos valores e topei co libro de Montse Fajardo, Invisibles, no que reflexa historias reais, historias persoais de mulleres que foran maltratadas ou sufriran violencia de xénero. Foi o xerme da obra». Un proxecto do que a propia Montse Fajardo recoñeceu que se sorprendeu ao coñecelo, ao tempo que destacou o «respectuoso» traballo de Ángel Paz coas letras dos temas.

-¿Foi complicado trasladar o libro ás cancións?

-Non foi complicado no sentido do que eu xa tiña pensado moi claro o que ía facer e as ideas para as cancións foron xurdindo sen problemas. O complicado foi intentar facer letras que foran diferentes unhas das outras e contar historias diferentes para por de manifesto o maltrato e o sufrimento destas mulleres. É o momento de que o rock volva reivindicar valores sociais.

-¿Que foi primeiro: a letra ou a melodía?

-A melodía. Son músico. Normalmente, xurde a melodía na miña cabeza e logo coas historias intento de darlle un pouco de forma a todo. É a melodía o primeiro, fallo do músico.

-Hai cancións que falan destes temas e, incluso, algunha antoloxía con diferentes autores, pero non é común un disco enteiro de rock abordando a violencia de xénero.

-Si, dinme conta de que hai moitos artistas, dende Rozalén ata Beyoncé, que dende hai ano fan cancións feministas o reivindicando o valor das mulleres nestes eidos, pero un disco adicado enteiramente a esta problemática non o encontrei por ningures. Creo que era o momento de facer algo así aproveitando o libro de Montse.

-Sendo o seu primeiro disco, ¿non foi asumir un risco?

-Si, pero como con calquera proxecto. Ao final, se non fas algo no que crees, non o intentes. Vinme con forzas no momento exacto de facelo. Agora mesmo, non me arrepinto absolutamente de nada.

-Unha cousa é ter a inspiración, pero como é explicar esa idea a outros para publicalo disco.

-Un pouco complicado porque é transmitir o que ti tes na cabeza a xente que non coñece o proxecto.

-A portada xa é impactante...

-É o que buscábamos. Búscase impactar, chamar a atención con un tema... A xente implicada na violencia de xénero sofre, morre e son moitas vítimas e había que facer algo impactante, aínda que hai unha mensaxe positiva, de que hai saída.