Un libro aborda o uso da lingua galega no sector téxtil

PONTEVEDRA

23 dic 2020 . Actualizado a las 20:19 h.

A Deputación de Pontevedra acolleu onte a presentación do libro A lingua galega no sector téxtil, co que a autora, Anabel Antela Alonso, aborda «a situación lingüística actual e a relación da lingua con 16 marcas e grupos do téxtil galego que facturan máis de dez millóns de euros anuais» e que, sen embargo, empregan «o castelán como lingua vehicular na súa comunicación dixital».

O estudo, segundo engadiron dende a Administración provincial, conclúe que «é preciso dar a coñecer estas marcas pola súa orixe galega, un valor que a mocidade galega considera a salientar, xa que o 70 % das persoas consultadas destacan que un anuncio en galego induce á compra do produto».